• Galego
  • Español

Recta final das actividades de verán da Casa da Xuventude de Burela con xogos tradicionais, robótica e unha xuntanza de despedida

  • As condicións meteorolóxicas obrigan a suspender a ultima sesión de fútbol na rúa, prevista para mañá, mércores 26
  • A xuntanza de clausura cos rapaces e rapazas participantes, na que recibirán un detalle de parte do Concello, será o xoves 27

 Burela, 25 de agosto de 2026. As actividades de verán da Casa da Xuventude de Burela chegan á súa recta final. Onte tivo lugar a última sesión de xogos tradicionais da man da man de Santiago e Toñito "Gacha" das asociacións A Moncloa e Ledicia.

Os rapaces participantes estiveron compartindo momentos entre zancos ou correndo o aro, e tamén descubriron unha ferramenta deseñada para sacar as castañas dos ourizos, a esbila.

"Queremos darlle as grazas aos rapaces que participaron na sesión, Santiago e Antonio, e ás asociacións Moncloa e Ledicia pola súa colaboración", sinala o tenente de alcaldesa Mario Pillado. "Agora seguimos coas actividades para poñer fin a unha programación que foi todo un éxito un ano máis", engade.

A previsión meteorolóxica obriga a cancelar a sesión de fútbol na rúa prevista para mañá, mércores 26 de agosto, polo que, despois da robótica de hoxe, as actividades rematarán coa xuntanza de despedida do xoves 27.

Esta xuntanza está aberta á participación de todos os rapaces e rapazas que fixeron parte do programa ao longo do verán. Todos eles e todas elas recibirán un detalle de agradecemento de parte do Concello de Burela.