Ven a Burela

Burela é vila mariñeira por excelencia e atópase localizada no xeodestino A Mariña Lucense. A súa situación xeográfica convértea nun privilexiado balcón ao Cantábrico.
Afortunadas e afortunados pola paisaxe, abrímonos ao mundo ofrecendo modernidade pero tamén memoria histórica, acollendo a quen nos elixe cos brazos abertos. Gozade dun punto favorecido pola súa configuración natural e polos moitos servizos que ofrece, entre os que se inclúe unha ampla variedade de restaurantes e prazas hostaleiras.
Benvidas e benvidos a Burela!
Descargar folleto turístico en PDF
Turismo Burela
Explanada portuaria - Burela - Lugo
+34 982 888 506

HORARIOS OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
A oficina permanecerá pechada os meses de novembro, decembro e xaneiro.
Horario de verán (do 1 de xuño ao 19 de setembro):
De luns a venres de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.
Sábados de 10:00h a 14:00h.
Horario de inverno:
De martes a venres de 09:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30h
Sábados de 09:00h a 13:30h
Instagram: @turismoburela








