• Galego
  • Español

O Concello de Burela pide á veciñanza que limite o consumo de auga ante unha avaría na rede de abastecemento

Burela, 27 de xullo de 2026. O Concello de Burela informa de que se produciu unha avaría importante na rede que transporta a auga dende a potabilizadora de Cervo ata Burela, o que está a provocar que o municipio leve varias horas sen recibir auga.

Na actualidade, o abastecemento está a manterse mediante os depósitos dispoñibles, mais podería chegarse a quedar sen auga se a avaría non se arranxa.

Por este motivo, o Concello solicita á veciñanza que, mentres non se resolva a incidencia, minimice o consumo de auga e faga un uso responsable e imprescindible da mesma.

Así mesmo, o Concello advirte de que, unha vez se recupere o subministración, a auga podería presentar inicialmente certa turbidez, como consecuencia dos traballos de reparación da rede. Desde o Concello informarase da evolución da situación e das medidas a adoptar.

Por outra banda, decidiuse suspender a reparación que estaba programada para hoxe, co obxectivo de concentrar todos os recursos dispoñibles en tratar de garantir o abastecemento de auga á poboación e manter, na medida do posible, a mellor calidade da auga dadas as circunstancias.

O Concello de Burela agradece de antemán a colaboración, comprensión e responsabilidade da veciñanza ante esta situación e lembra a importancia de reducir o consumo mentres continúen os traballos para solucionar a avaría.