• Galego
  • Español

Burela celebra este sábado a segunda festa na praia Urbana no marco do programa ‘Verán Acuático’

Burela, 7 de agosto de 2026. A praia Urbana de Burela acollerá este sábado, 8 de agosto, a segunda Festa Acuática do programa municipal “Verán Acuático”, entre as 16:30 e as 19:30 horas, unha proposta de lecer dirixida a público familiar.

Durante a xornada instalaranse catro inchables acuáticos, un balancín e un inchable deportivo terrestre. Tamén se poderá practicar kaiak e paddlesurf, completando unha tarde de actividades vinculadas á auga e ao lecer ao aire libre.

Esta será a segunda cita das festas acuáticas incluídas na programación de “Verán Acuático”, despois da celebrada o pasado mes de xullo. Os días 16 e 23 de agosto poderanse alugar kaiaks e táboas de paddelsurf e o programa rematará cun parque acuático do 27 ao 30 de agosto na praza do Concello e na da Mariña.

Dende o Concello de Burela animan á veciñanza e ás persoas que visiten a vila a achegarse á praia Urbana e participar nesta cita dunha programación que combina actividade física, convivencia e goce das praias do municipio.