SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
DE BURELA
INMIGRACIÓN E DESENVOLVEMENTO
LOCAL: AS CLAVES EDUCATIVAS E SOCIAIS
Burela (Lugo), 13-17 Xullo
2009
Dirección:
Miguel Anxo Santos Rego
Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela
Secretaría:
Marcelino Luna Almarza
Profesor de Ensino Secundario e Director do IES Monte
Castelo de
Burela (Lugo)
Obxectivos
- Estudar as claves que definen, nas súas
dimensións teóricas e práticas,
a importancia dos fluxos migratorios no actual panorama
de globalización e a súa incidencia
sobre as identidades.
- Analizar en perspectiva as repercusións
da inmigración no eido local, atendendo especialmente ás
variables de tipo institucional, socio-educativas,
laborais e culturais.
- Revisar críticamente a relación entre
inmigración e cidadanía no marco xeral
e no máis específico das comunidades
locais, sen esquecer o desenvolvemento xurídico
da cuestión en Europa e no noso país.
- Avaliar algúns enfoques ou orientacións
vencelladas a pautas de integración das persoas
e dos colectivos inmigrantes no ámbito local.
- Trazar as oportunas implicacións socio-educativas
da inmigración na vida local de Galicia, plantexando
propostas susceptibles de ser artelladas e desenvolvidas
de cara á optimización da xestión
de iniciativas e proxectos.
Público ao que se dirixe:
Estudantes universitarios, mestres e profesores en
xeral, orientadores escolares, técnicos de educación,
de cultura e dos servizos sociais de Concellos, organizacións
cívicas, público en xeral.
Tipo de Actividade
Curso
Lugar de Celebración
Salón de Plenos do Concello de Burela (Lugo)
Contidos
Os contidos que configuran e, no seu caso, estruturarán,
o programa, tratan de servir ao cumprimento de obxectivos
antes fixados, no senso de vencellar unha dimensión
obrigadamente analítica da xestión da
inmigración polas administracións locais
aos aspectos que atinxen directa e práxicamente
a boas práticas con capacidade de orientar o
desenvolvemento de proxectos nos eidos social, educativo
e cultural, tanto en Burela como en Galicia en xeral.
Así, o Programa estruturase arredor de Conferencias,
Relatorios, Mesas Redondas, Obradoiros, e mesmo algunha
sesión cultural susceptible de complementar
aspectos tratados con anterioridade. Contaremos con
destacados especialistas no tema, de dentro e fora
de Galicia, e mesmo con representantes de Concellos
significativos a este respecto.