f

 

Novas, actualidade e actividades Recursos,bdocumentos e información Galería de imaxes
Boletín ijformativo do Centro de Información  a Muller

 

 

 

Novas, actualidade e actividades

 

    Setembro-2010

 

Cursos tempo libre 2010-11

 

 

    Maio-2010

 

O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE BURELA
INFORMA:

       Que ven de ser publicada con data do 11 de maio de 2010 Resolución da Secretaria Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades non compartidas.

       Poderán solicitar as prazas obxecto desta convocatoria aquelas mulleres que reúnan os seguintes requisitos:

-Ter fillos e/ou fillas a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.
-Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
-Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).
- Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

       Aquelas mulleres que esteñan interesadas en participar neste programa de vacacións poden achegarse ao Centro de Información ás Mulleres do Concellos de Burela, Rúa Eijo Garay, 20 (Casa do Concello) para tramitar a súa solicitude.

       O prazo de presentación de solicitudes e documentación requerida remata o 10 de xuño de 2010.

 

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE TRES ANOS

 

    Marzo-2010

 

 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL PARA MULLERES DESEMPREGADAS

 

Xoguemos a ser IGUAIS!

 

    Decembro-2009  

 

 

 

Xoguemos a ser IGUAIS!

   Novembro-2009  

 

25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

  

 

Obradoiro de Musicoterapia - 5 de novembro de 2009

 

  

 

Obradoiro e Consumo responsable - 5 de novembro de 2009

 

  

 

Libro de firmas contra a Violencia de Xénero

 

 

 

   Outubro-2009  

 

Cultura Aberta - outono 09

OUTUBRO:

CINEMA: PROXECCIÓN DE PELÍCULAS DA XXXI SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO

      • venres 2, ás 21:00 h.: ” La clase” (película francesa gañadora da Palma de Ouro do Festival de Cannes).
      • sábado 3, ás 18:00 h.: “Pérez , el ratoncito de la suerte-2” (película española de animación e imaxes reais).

TEATRO INFANTIL

      • sábado 17, ás 18:00h.: A XANELA DO MAXÍN ”Chincha rabincha”.

TEATRO

      • venres 23, ás 21:30h.:TEATRO NOROESTE “Glass city”.

        TEATRO INFANTIL

      • sábado 31, ás 18:00h.:SARABELA TEATRO “Cósima “.

       

NOVEMBRO:

TEATRO

      • venres 6, ás 21:30h.: ABADA TEATRO-CARLOS BLANCO “So”.

MÚSICA

      • sábado 7, ás 21:00 h.: Concerto da CORAL POLIFÓNICA DE BURELA & BANDA DE MÚSICA DE VIVEIRO.
      TEATRO INFANTIL
      • sábado 14, ás 18:00h.: CARAMUXO TEATRO “Os Bolechas”.

TEATRO

      • venres 20, ás 21:30 h.: CHÉVERE TEATRO “Testosterona”.
      • venres 27, ás 21:30h.: GRUPO TEATRAL RAIOLAS (ALFOZ) ”Un mal día”.

       

DECEMBRO:

TEATRO

      • venres 4, ás 21:30 h.: GRUPO DE TEATRO A ADALA (FAZOURO) ”Mazás de cuco”.
      • venres 11, ás 21:30 h.:GRUPO DE TEATRO O BORDELO (CERVO) “O espello do prestamista”.
      • venres 18, ás 21:30 h.:CEDEÚVE TEATRO (VILALBA) “6x4…dúas ducias”.

EXPOSICIÓNS

-Do 10 ao 31 de outubro: Pintura A.N.P.A. do C.E.I.P.Virxe do Carme.

-Do 12 de outubro ao 30 de novembro: Fotografía do Club Imaxe.

-Do 30 de novembro ao 15 de decembro: Pintura Cristobal Balseiro Pita

-Do 4 ao 31 de decembro: Fotografías do obradoiro “Olladas de Mulleres. Visións dende A Mariña”.

-Do 15 ao 31 de decembro : Pintura “Trazos de Luz” (col. Caixanova).

-Do 18 de decembro ao 15 de xaneiro: “Postais do Nadal”.

 

 

   Anteriores  

 

Cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres

INSCRICIÓNS:
Do 28 de setembro ao 5 de outubro de 2009,
de 8 a 15 horas, no Centro de Información ás Mulleres (Casa do Concello)

NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS POR TELÉFONO.

Soamente se poderá facer a inscrición doutra persoa (aparte dun mesmo/a) cada vez.

Imprescindible traer D.N.I.

 

 

 

8 marzo - As nosas mulleres traballadoras hoxe

 

 

 

 


 


Eijo Garay, 20 - 27880—Burela (Lugo)—+34 (982) 586 000—Copyright © 1999-2004—burela@burela.org