Dentro da promoción "CONSUME OS NOSOS PRODUTOS", que organiza a Concellería do Mar, Remedios López infórmanos que este fin de semana tócalle a "MERLUZA DO PINCHO DE BURELA", facendo coincidir, como noutras ocasións, co inicio das festas patronais. Será a 4º edición das xornadas gastronómicas adicadas a estrela do noso peirao, que ten xa unha etiqueta para diferenciala entre as demais pola súa calidade. Nestas xornadas gastronómicas, según nos ven a informar Remedios López, inténtase facer como en anos anteriores una ruta de tapeo polo pobo. Deste xeito, os días 27,28 e 29 de Maio promocionarase Burela e os hábitos tan saudables como o consumo do peixe na cidadanía ao prezo módico da ración a 6€, cociñada de distintas e variadas formas.
Nesta ocasión participan 18 hoteleiros : Parrillada de Jandro, Mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, Miranda, Palacio de Cristal, Hamiltón, a Marquesa, Bar o Raio, Restaurante o Lucer, Hotel Galatea, Hotel Nordés, Restaurante o Portelo, Bar da costo, Restaurante a Lonxa, Mesón da pedra, Sartén de Carmen e Cervecería kiko. Dicir que cada vez involúcrase mais o pobo e iso tamén nos fortalece. A edil socialista recorda que dentro da campaña de promoción desta especie repartiranse libros dos SABORES DO NOSO MAR entre os 18 restaurantes, que agasallarán aos seus clientes cada vez que consuman dito produto. Ademais recordar que no fin de semana anterior tamén participamos na última edición do encontro das palilleiras axudando economicamente a promocionar a empanada de merluza do pincho de Burela, e agasallando a mais de 400 palilleiras de Galicia e Asturias cun exemplar do libro gastronómico referido a MERLUZA DO PINCHO, no cal se promocionan distintas receitas e tamén os restaurantes do noso pobo.
Dende ABSA, Abelardo Basanta ve moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos, e vai agasallar, como fixo en anos anteriores, cunha merluza a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica. O concello, pola súa parte, faráse cargo, como organizador das xornadas, da publicidade en prensa e radio e tamén da cartelería sen coste algún para o hostaleiro.
Remedios López asegura que o que pretendeu nestes catro anos dentro da Concellería do Mar foi axudar ao consumo de peixe entre a poboación, facendo xornadas gastronómicas, e editando libros que se distribuíron nas distintas feiras ás que vai o concello, facendo cursos como o de socorrismo ou de redeiras para crear emprego, ou o de patrón de embarcación deportivas fomentando a naútica, ou simplemente promocionar a costa e os deportes naúticos con cursos de surf, campeonatos de moto naútica ou o día do mar en agosto con todo tipo de diversións para a mocidade. Sen deixar de escoitar aos mais pequenos a través do "Certamen do relato curto do mar", que nos seus contos mostran un fiel reflexo do que escoitan na casa e as súas necesidades. Tamén facendo xornadas de prevención en época estival con charlas para educar a poboación dos diferentes tipos de medusas, algunhas mortais. Tampouco me olvidei nestes catro anos de escoitar ao sector profesional que representa ao mundo do mar nas Xornadas Técnicas e nos Encontros Empresariais axudando a que Burela siga sendo un referente no mundo da pesca, promocionando e organizando a feira "Expomar", incluso en épocas difíciles para o sector como nestes momentos, acercando a admistración e conseguindo un éxito de visitas e contactos. Traballouse tamén cos xubilados do mar, escoitandoos e editando o libro "Memorias do oficio do mar". Libro que axudará a incrementar o patrimonio cultural do pobo, reflexando de onde vimos, sen olvidar de cómo se foron formando oficios e creando empresas que foron o motor e desenvolveron a economía de Burela. Exposicións ao aire libre, varios DVDs de promoción dos nosos produtos e charlas. Por non falar das grandes inversión que se fixeron nesta lexislatura apoiados polas distintas administracións: ampliación do peirao comercial, nova capitanía marítima, remate do fogar do mariñeiro (A Moncloa), nova nave de redes, reubicación da rampa de varada no muelle do Berbes, novo edificio de servizos portuarios, 20 novos almacéns ou o arranxo e ampliación do paseo que une os dous peiraos.
Quédame un bó sabor de boca dun traballo ben feito, e un listón ben alto ao que me preceda. Sempre como unha persoa honesta, onde a única misión é reflexar que Burela seña un sitio atractivo para vivir, e coñecido pola súa pesca de gran calidade; onde o turista poda disfrutar da gastronomía saudable e apoiar ao noso tecido produtivo.
Leer o libro dende a Web
O Concello de Burela edita mil exemplares do libro e o dvd Memorias do oficio do mar
ALFREDO LLANO E REMEDIOS LÓPEZ PRESENTARÁN O VINDEIRO XOVES O LIBRO E O DVD MEMORIAS DO OFICIO DO MAR, UNHA RECOPILACIÓN DE LEMBRANZAS SOBRE BURELA E O MAR. EN TOTAL EDITÁRONSE 1.000 EXEMPLARES DE CADA FORMATO, QUE SERÁN REPARTIDOS NO ACTO DESTA SEMANA.
O alcalde de Burela , Alfredo Llano , a concelleira do Mar, Remedios López e a historiadora Olga Suárez presentarán o vindeiro xoves 5 de Maio as 21:00 no salón de actos da Casa da cultura o libro e o dvd Memorias do oficio do mar. En total editáronse 1.000 exemplares de cada formato, que serán repartidos nese acto.
Remedios López destacou que “este traballo de investigación é un obradoiro da memoria de Burela, con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima. A intención foi plasmar en material impreso e audiovisual, recordos que están aletargados na memoria colectivo e que vinculan o concello de Burela co mar, a través de entrevistas a persoeiros relevantes da vida municipal. Dáse a coñecer tamén a súa visión da historia recente de Burela e recopiláronse vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias”.
A edil socialista engadiu que “trátanse temas coma a evolución dos distintos tipos de pesca, o crecemento do peirao, o asentamento das empresas a carón do noso porto, actividades todas que axudaron a fortalecer a nosa economía. A Feira do Bonito, a Galerna, Expomar, o conflito das volantas …ou simplemente a evolución e as melloras que se fixeron nos barcos, amosando o seu periplo polo tempo, pasando de chalanas, barcos a vapor ata os actuais buques de ferro coas últimas tecnoloxías electrónicas. Un estudio dende a Burela de 1900 ata os días de hoxe, cos cambios que sofreu en mans de 17 presidentes do pósito e patróns maiores da cofraría. Datos históricos de cousas que non aparecen mais que na memoria dos propios protagonistas como o forno de tinxir as redes, recollida da alga, a 1º estación costeira radiotelefónica, proxecto de 90 vivendas para pescadores de Burela, fábrica do xeo…”.
López Villar recoñeceu que “este traballo de investigación non sería posible sen a colaboración de 67 persoas as cales mostramos o moso mais grato agradecemento: Abel López García, Abelardo Basanta Fra, Alberto Infante Gómez, Alexia Luiña López, Alfonso García Ben, Andrés Díaz Ferro, Antonina Semedo López de Barros, Antonio Abad López, Antonio López García, Arturo Pernas Gómez, Aurea Ruiz González, Balbino Trelles Pernas, Concepción Blanco Fanego, Dionisio Rubiños Cayón, Divina Díaz González, Dolores Quelle Abad, Emilio Fernández López, Federíco Ruiz Cayón, Francisco Fernandez Rivas, Francisco Fra Rico, Gloria González Niñe, Gustavo Iglesias Pereiro, Jacinto Yáñez, José Basilio Otero Rodríguez, José Ben Valle, José Fernández González, José Pernas Villarejo, José Rey Pernas, José Roca Dopico, José Valle Vázquez, Josefa Pastor Dean, Juan Ramón Pernas Balseiro, Manuel Díaz García, Manuel Fernández González, Manuel Rodríguez Díaz, Marcelino Bermúdez Fra, Marcos Salgueiro Ramos, Nicasio Leal Pena, Pedro Taboada Maseda, Plácido Fra Mon, Rafael Casanueva Alonso, Ramón Barcia Abad, Román Ventoso Pasantes, Antonia Gay Piñeiro, Rubén Blanco Fernández, Rufino Quiroga González, María Jesus Alonso López, María Jesus Fernández Baamonde, María del Carmen Estremeiro Vilar, Magdalena Fernández Lestao, María del Mar Febrero Fernandez, Josefa Otero Gueimunde, Carmen Cayón Fernández, Divina Pérez Saa, María Gloria Canoura López, Divina González Salgueiro, María Luisa Domínguez Rapa, Alicia López Abad, Isabel Álvarez López, Hermitas Ben González, Angelita Balseiro Gómez, María Río Cruz, Elma Pardo Carvajales, Regina Santos Fernández, María Galdo Fernández, Guadalupe Neira Luaces e Antonia Rubiños Díaz”.
A concelleira do Mar lembrou que “todo este proxecto lévase a diante grazas a subvención concedida ao 50% a través dos GAC eixo 1 da Mariña-Ortegal cos Fondos Europeos da Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia. O resto do orzamento asúmeu o Concello de Burela con fondos propios. Os importes necesarios para levar a diante esta actividade foron de 40.120,38€, dos cales 24.402,78€ se destinaron para crear emprego”.
Deste proxecto editáronse 1000 exemplares que serán repartidos no acto do xoves, “que está aberto ao público en xeral, agasallando cun exemplar do libro e do DVD a todos os asistentes e posteriormente invitarase a unha degustación dun viño español”, concluiu Remedios López Villar.
Abril-2011
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, facían entregas esta mañá aos alumnos dos colexios da vila dos traballos gañadores do II Certame de Relato Curto do Mar. Os rapaces puideron ver impresos os seus traballos da última edición.
Ademais Alfredo Llano entregóulles as bases para o III Certame de Relato Curto do Mar, no que poderán participar nenos/as de Burela que estudian primaria e secundaria. Segundo explicaron LLano e López Villar "trátase de relatar mediante un escrito vivencias ou historias relacionadas co mundo do Mar, o tema para esta terceira edición será As vacacións, coa idea de que se abra un abano de suxerencias que o Concello estudará para publicitar no verán".
Remedios López subliñou que "haberá tres premios, un para o 3º ciclo de Educación Primaria e dous para a ESO, este ano o agasallo para os gañadores serán traxes de neopreno para facer deportes acuáticos. Todos os participantes terán un agasallo, só por participar. E entre todos os inscritos e participantes no acto de entrega sortearase unha Playstation3".
A concelleira do Mar dixo que "o ano pasado este certame tivo moito éxito xa que se implicaron todos os colexios de Burela, os cales mandarán un representante para o xurado. Espérase igualar a participación ou incluso superala xa que todos os bureleses son coñecedores de historias mariñeiras".
O prazo para entregar os traballos na biblioteca municipal estará aberto desde o 1 ata 16 abril. A entrega de premios farase no salón de plenos do Concello o 20 de Abril ás 12 horas. Alcalde e concelleira do Mar convidaron a todos os alumnos entre 10 e 16 anos a participar nesta nova edición.
Marzo-2011
HOXE FORON PRESENTADAS AS TERCEIRAS XORNADAS DO OURIZO, QUE SE DESENVOLVERÁN EN BURELA DO 18 AO 20 DE MARZO. ENTRE AS 1.000 PRIMEIRAS TAPAS QUE SE VENDAN SERÁ SORTEADA UNHA FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSOAS NO SPA TERMAS DE VILALBA.
Burela, 16 de marzo de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaban hoxe as terceiras xornadas do ourizo de mar, que se celebrarán a vindeira fin de semana os días 18,19 e 20 de marzo. Nesta ocasión participan 20 hostaleiros que ofrecerán ourizo cocido ou crú a 4 euros e ademais cada restaurante ofrecerá as súas especialidades. Así será posible degustar:
MESÓN DO POETA, revolto de ourizo con gambas
RESTAURANTE PALACIO DE CRISTAL, pementos de piquillo recheos de caviar de ourizo e marisco
MESÓN CARLOS, tortilla de ourizo
MESÓN HAMILTON, tarteleta de ourizo
RESTAURANTE OS REMOS, ourizos a vinagreta e revolto de ourizo
PARRILLADA A MARQUESA, espárragos recheos de caviar de ourizo
RESTAURANTE O SARGO, paté de ourizo e pementos recheos de ourizo
BAR TRISQUEL, revolto de ourizo
CERVECERÍA A BODEGUILLA, ourizo cocido
BAR PENA ORXAL, delicias de orizo con algas nori
PARRILLADA DE JANDRO, tosta de ovo de codorniz con caviar de ourizo de mar
A FAZENDA, torrada de ourizo
CERVECERÍA KIKO , ourizo cocido
CASA MIRANDA - PORTO DE BURELA, ourizo con vieira
HOTEL NORDÉS, ourizos gratinados
RESTAURANTE O PORTELO, pescada á cazola en salsa de ourizo
BAR DA COSTA, salsa de ourizo con ovos escalfados
CHURRASQUERÍA ABRENTE, fabas con ourizos
MESÓN DA PEDRA, pastel de ourizo
LA SARTÉN DE CARMEN, espárragos recheos de ourizo
Remedios López lembra que "as primeiras 1000 tapas que se vendan entran no sorteo dunha fin de semana para dúas persoas no spa Termas de Vilalba, neste premio entra aloxamento para dúas persoas, almorzo tipo buffet e acceso ilimitado ao club termal do spa nos tres días. Tamén unha sesión de tratamento relax que inclúe envolvemento corporal hidratante ou aplicación de parafangos e masaxe relax ao aceite esencial. O gañador deste sorteo saberase o martes da semana entrante nun acto aberto e custodiado polo secretario do concello de Burela".
A edil socialista manifestou que "ourizo é un produto de temporada, considerado como o caviar e que o Concello de Burela quere promocionalo e dalo a coñecer xa que é un dos produtos que se comercializan no noso peirao. Éste é un bó momento para acercarse a Burela a degustalo e probalo nas distintas formas que elabora a nosa hostalería".
Xaneiro-2011
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaban esta mañá o quinto libro da colección Os sabores do noso mar, adicado nesta ocasión ao polbo da pedra.
López Villar lembrou que “Os sabores do noso mar" é unha colección que puxo en marcha a Concellería do Mar co afán de promover e divulgar os produtos da costa burelense, recollendo diversas formas de elaborar e degustar o produto presentado, con receitas clásicas e innovadoras que os hostaleiros do concello converteron nun suculento manxar”. E explicou que “este quinto libro está composto por quince receitas, onde se pode degustar: polbo á cazola, barca de polbo, polbo á malagueña, polbo á vinagreta, polbo á prancha, polbo recheo de marisco, polbo encebolado, espetadas de polbo á bodeguilla, polbo mariñeiro, polbo ao allo, polbo con ameixas, polbo á feira, espetada de polbo e langostinos, ensalada morna de polbo con algas e capricho de polbo. Bríndanse ademais a ocasión de dar a coñecer aos hostaleiros os seus locais e as súa situación, xa que estes libros repártense nas distintas feiras nas que participa o Concello facendo publicidade de Burela e dos tesouros que o seu mar ofrece”.
A edil socialista asegura que “se fixeron 1.000 exemplares e que se contou coa axuda dunha subvención dos Grupos de Acción Costeira, GAC Eixo1 da Mariña-Ortegal subvencionando o 65% do importe total do proxecto, con Fondos Europeos da Pesca, con fondos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e con fondos da Xunta de Galicia. O resto do orzamento 35% será a cargo do Concello de Burela”.
Decembro-2010
Burela, 15 de decembro de 2010.
Spot e calendarios
Dende a Concellaría do Mar de Burela informase que dentro da campaña do “No Nadal consume os nosos produtos” fíxose un spot publicitario para promocionar os nosos produtos que se emitirá na cadea “V Televisión”. Será de 15 pases e 7 días de duración, no horario de máxima audiencia, dende o día 16 ata o 23 de decembro. Estes pases publicitaranse cando a emisora conecta coa emisión rexional na franxa de maior audiencia : Informativo de medio día (13.55-14.55 horas) e Prime Time (22.00-22.30). Elixiuse esta cadea porque cubre unha poboación diaria, no ámbito de Galicia, de 200.000 persoas de Luns a xoves, os venres de 250.000 persoas diarias e o fins de semana e festivos de 350.000 ,con picos de ata 375.000 persoas diarias a nivel de toda Galicia.
Remedios López, tamén dentro de esta campaña, informa que o Luns 20 de decembro ponse en circulación 1.000 calendarios, que se repartiran de forma gratuítas polas peixerías participantes na campaña. Cada vez que se faga unha encarga de peixe ou marisco para as festas do Nadal será agraciado con un destes exemplares. Estes calendarios do 2011 levan unha recopilación de todos os traballos que organiza a concellería do mar en Burela como un exemplo claro de que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura , o turismo e a economía vinculados a actividade central do Municipio “O MAR”.
O programa desenrolado pola concelleira do mar , é moi amplo tendo sempre o mar e a pesca como o eixo sobre o que xira a actividade do Municipio. O longo de todo o ano , fixéronse charlas , exposicións , actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela incluíndo degustacións gastronómicas , deportes náuticos e de fomento entre a poboación infantil cun acercamento a o mundo do mar . Tamén a recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela coa denominación "Os Sabores do Noso Mar" e cursos de formación como o PER, o Titulín ou cursos de primeiros auxilios e de socorrismo acuático. Todo coa única idea de proxectar a imaxe da localidade ao exterior e incentivando a actividade de cada un dos seus sectores cara ao mar.
Remedios López recórdanos que todo este proxecto levarase a diante grazas a unha subvención concedida ao 65%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal EIXO 1. Cos fondos Europeos da Pesca, Ministero de Medio Ambiente Medio Rural e mariño e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia .O resto do orzamento (35%) será a cargo dos fondos propios do concello de Burela.
Prema a imaxe para descargala en formato PDF
Burela, 1 de decembro de 2010.
BURELA SORTEA UNHA CESTA DE MARISCO E PEIXE
Mañá da comezo a campaña “No nadal consume os nosos produtos” que organiza un ano máis o Concello. As nove peixerías que participan nesta cita repartirán 8.000 papeletas entre os seus clientes que entrarán no sorteo dunha cesta valorada en 1.000 euros o vindeiro 30 de decembro.
No día de hoxe o Alcalde Alfredo Llano, o presidente de ABSA Abelardo Basanta e a concelleira do Mar Remedios López inauguraban a campaña “No nadal consume os noso produtos” que se desenvolvera todo o mes de decembro para intenta promocionar e fomentar un ano mais o consumo dos produtos pesqueiros que se adquiran nas peixerías do municipio procedentes da lonxa de Burela.
Esta iniciativa comezou o ano 2008 por primeira vez, a cal foi moi ben aceptada polas peixerías do municipio, coas que nunca noutra ocasión se había traballado con elas. Intentase fomentar o comercio que levará ao desenvolvemento e crecemento do pobo, apoiando a venta directa do peixe e marisco nas peixerías, nesta ocasión colaboran co concello: Peixería PEPA, Peixería CARMIÑA, Peixería PEPE, Peixería PASTORIZA, Peixería RUBÉN, Supermercados CEMAR, Supermercados EROSKI, supermercados GADIS e CETAREA de mariscos David.
A edil de Mar, explícanos que as Nove peixerías nas que cada vez que se merque un produto que se subastou na lonxa de Burela, o consumidor recibirá unha papeleta para entrar no sorteo dunha “magnífica cesta” de peixe e marisco fresco. Esta cesta será doada por ABSA, interesado sempre en apoiar as iniciativas que realiza o Concello para promocionar os seus produtos, colabora así doando unha cesta valorada en 1000€ e que levará os produtos mais representativos de todas as artes do noso peirao (Merluza do pincho, Rape, Rodaballo, Lubina, Centolo, Nécora,…) todo fresco.
O Concello encargarase da organización e publicidade, repartindo entre as peixerías que participen 8000 papeletas que se poñerán a circular o día 1 de decembro, 300 carteis que os exportadores repartirán por toda Galicia e farase publicidade en prensa, radio e televisión coa única intención de fomentar o consumo e dar a coñecer os produtos pesqueiros de gran calidade que se comercializan en Burela. Tamén nesta ocasión e como novidade para este ano o concello regalará un calendario para o 2011 a todas aquelas encargas que se fagan para a comida da Noiteboa, calendario que repartirán as peixerías participantes a partir da semana entrante. O sorteo da cesta celebrarase o 30 de decembro as 12 no salón de plenos do Concello de Burela, será un acto aberto ao público e transparente, invitando a todo o mundo a participar.
Novembro-2010
Burela, 22 de novembro de 2010.
Hoxe presentaban o alcalde de Burela Alfredo Llano e a concelleira do Mar, Remedios López as II Xornadas do PEIXE ESPADA que se desenrolarán os días 26, 27 e 28 no mes de novembro, Coma sempre poñerase un tapeo polo pobo igual que en xornadas anteriores, intentando traballar con toda a hostalería, e promocionar algo da nosa terra como é o Peixe espada procedente dos barcos que teñen base na nosa Cofradía de pescadores.
O prezo da ración, como o ano anterior, será a 5€ para o peixe espada a prancha e logo a maiores cada restaurante terá unha degustación propia onde o precio variará segundo o custe da súa elaboración. Así nestes días poderemos degustar pratos elaborados por unha hostalaría moderna como peixe espada albardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche e peixe espada ao saimoriglio. Tamén outros mais tradicionais como peixe espada con crema de langostinos, peixe espada á prancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, á sidra, con dúas salsas, con gambas, en salsa verde e con salsa á viscaína”.
Os hostaleiros e bares do concello cada vez son mais numerosos, e a intención do concello e que participen ao 100% aportanto cada un a súa destreza culinaria. Nesta ocasión participan 24 hostaleiros, a vez de maior afluencia ata o de agora:
BAR O RAIO, MESÓN DO POETA, RESTAURANTE LUCER, RESTAURANTE PALACIO DE CRISTAL, MESÓN CARLOS, MESÓN HAMILTON, RESTAURANTE OS REMOS, PARRILLADA A MARQUESA, MESÓN DON JAMÓN, RESTAURANTE O SARGO,LA SARTÉN DE CARMEN, CERVECERÍA A BODEGUILLA, PARRILLADA DE JANDRO, A FACENDA, CASA MIRANDA, HOTEL GALATEA, HOTEL NORDÉS, RESTAURANTE O PORTELO, HOTEL ROMPEOLAS, BAR DA COSTA, CHURRASQUERÍA ABRENTE, RESTAURANTE A LONXA, MESÓN DA PEDRA E PEZZERÍA A MURALLA.
O concello como organizador das xornadas segue a promocionar Burela como pobo mariñeiro. Coma sempre encargase, sen costo algún para o hostaleiro, da publicidade en prensa, radio e carteleira. Tamén nesta ocasión repartiranse libros da colección “Os sabores do noso mar”, recen estreados do peixe espada, polo consumo de unha ración.
Recordar que todo este proxecto levarase a diante grazas a subvención concedida ao 65%, a través dos GAC eixo 1 da Mariña- Ortegal cos Fondos Europeos da Pesca,do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia ,Concellería do Mar , o resto do orzamento 35% será a cargo do concello de Burela .
O CONCELLO DE BURELA, A TRAVÉS DA CONCELLERÍA DO MAR, OFERTA UN CURSO DO PATRON DE EMBARCACIONS DE RECREO (PER)
Remedios López, como responsable da área do Mar do Concello de Burela acollerá no mes de novembro o primeiro curso para a obtención do título de PATRÓN DE EMBARCACIONS DE RECREO, máis coñecido como o “PER”. A concelleira de mar sinala que nunca dende o concello se tomara esta iniciativa e dado a demanda de solicitudes que temos, tras haber feito con moito éxito por tres anos consecutivos, o TITULÍN, imos dar a oportunidade de formarse nesta nova faceta xa para barcos un anaco mais grandes.
A edil socialista lembra que este “curso é necesario para patronear embarcacións de recreo a motor de ata 12 metros de eslora. Para a navegación que se efectúe en zoa comprendida entre a costa e a primeira liña de 12 millas, así como a navegación interinsular nos archipélagos balear e canario. Así tamén con motos de auga sen límite de potencia”.
O curso dará comezo unha vez formalizada a reserva, será de dous días a semana, a partir das 8 da tarde, a acordar polos participantes, de dúas horas de duración cada día durante dous meses. Poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica será de 40 horas e a formación práctica homologada nun iate, no peirao de Burela se o tempo o permite, de 16 horas e 2 horas de prácticas reglamentarias de radiocomunicación. O nº de alumnos do curso está limitado, é o custe será de 400 euros (con taxas de exame incluídas) para os que estean empadroados no concello de Burela, o resto dos alumnos interesados deberán abonar 748 euros custe real do curso.
A concelleira socialista subliña que será imprescindible para tramitar o título: 4 fotocopias do DNI que se lle compulsaran no concello, un certificado médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos de tamaño carné. Toda a documentación deberá presentarse no rexistro do concello xunto coa documentación de ter pagado as taxas para poder inscribirse no curso”.
López Villar engade que “con estes cursos dende a Concellaría do Mar de Burela preténdense dar a oportunidade de formarse e inculcar coñecementos náuticos na poboación para comezar a navegar con seguridade respectando as sinais náuticas, xa que para Burela o mar é un grande referente que temos que coñecer disfrutar e respectar”.
Outubro-2010
XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO
Burela, 7 de outubro de 2010.
Un total de 18 establecementos hostaleiros participarán desde mañá nas xornadas gastronómicas do polbo que organiza a Concellaría do Mar.
A edil Remedios López asegura que “nestes tres anos desde o meu departamento adquirimos o compromiso de promover os produtos que se venden no noso peirao e por iso ao longo do ano facemos diversas xornadas coma as da pescada, o bonito, o ourizo do mar, o peixe espada e nesta ocasión as do polbo de roca”.
O prezo da ración será de 8 euros para o polbo á feira e despois haberao preparado de diversas formas como á brasa, ao allo, en guiso e salpicón ou con ameixas. Nestes casos cada restaurante porá o prezo “segundo o tempo de elaboración”. Os establecementos participantes son: bar Raio, restaurante Lucer, Palacio de Cristal, mesón Carlos, mesón Hamilton, restaurante Os Remos, A Marquesa, mesón Don Jamón, restaurante Sargo, bar Trisquel, cervexería A Bodeguilla, bar Pena Orxal, Parrillada de Jandro, bar Facenda, cervexería Kiko, Casa Miranda, hotel Galatea e bar da Costa.
Remedios López sinala que “a data elexida para as xornadas que serán do 8 ao 10 de outubro pensóuse para facelas coincidir coa ponte do Pilar, son días nos que a xente sae máis da casa e nos que agardamos que a Burela veñan máis turistas do habitual. Será unha boa ocasión para disfrutar e coñecer a nosa gastronomía”.
O Concello sorteará unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes entre todos os que acudan ás xornadas e depositen as súas papeletas nas urnas que atoparán nos establecementos hostaleiros. O sorteo faráse o mércores 13 de outubro.
A concelleira do Mar engade que “ademáis cada restaurante levará unha degustación de polbo, que non poderá coincidir coa de ningún outro hostaleiro, o domingo 10 de outubro ao Concello entre ás 10 da mañá e as dúas da tarde, e tamén terán que levar a receita escrita. O que imos facer no salón fotográfico habilitado é retratar as receitas e elaborar un novo libro de Os sabores do noso mar adicado nesta ocasión ao polbo de roca e despois imos distribuilo de xeito gratuito entre os hosteleiros participantes”.
Remedios López agradece “a inestimable colaboración dos hostaleiros, que xa toman coma súa esta iniciativa, a de difundir os nosos peixes e a nosa gastronomía. Quero mencionar tamén a algún armador, que compartindo connosco o seu saber sobre a pesca desta especie, nos permite das pinceladas curiosas do cefalópodo agasallado nesta ocasión. Desexo tamén que as receitas preparadas sexan do agrado de todos”.
O alcalde Alfredo Llano e a concelleira do Mar Remedios López veñen de presentar o cuarto libro de gastronomía de “Os sabores do noso mar” que está adicado ao PEIXE ESPADA.
A concelleira de Mar sinala que “nesta ocasión trátase dun receitario de 15 receitas con fotos a cor preparadas polos restauradores mais importantes de Burela. Nos exemplares podemos encontrar pratos elaborados por unha hostalaría moderna como peixe espada aibardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche e peixe espada ao saimoriglio. Tamén outros mais tradicionais como peixe espada con crema de langostinos, peixe espada a plancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, a sidra, con dúas salsas, con gambas, en salsa verde, con salsa especial pizzbur e con salsa a biscaina.
Remedios López, asegura que “ fixéronse 1000 exemplares cos que tentamos publicitar e dar a coñecer os produtos de gran calidade que se comercializan no noso peirao; igual que se fixo co receitario da merluza do pincho, o bonito do Burela ou o ourizo do mar, estes receitarios tamén se repartiran de forma gratuíta entre a hostalería e levarase por España ás distintas feiras nas que participe o Concello de Burela. Cada restaurante levará 30 exemplares que poderan dar de forma gratuita á súa clientela sempre e cando consuman algún produto que se comercialice no peirao de Burela. Con esta iniciativa invitamos aos comensais a vir a Burela a comer peixe ou marisco , ou facer a comidas de empresa e veranse agasallados con un exemplar desta edición.
Remedios López tamén nos confirma que esta edición fíxose grazas a colaboración da Cofradía de pescadores San Juan Bautista, Fondo europeo da pesca , Ministerio de Medio ambiente, medio rural e marítimo, Xunta de Galicia consellería do mar e os grupos de acción costeira mariña-ortegal co único fin de que Europa invista na pesca sustentable.
Setembro-2010
O CONCELLO DE BURELA FORMARÁ A VINDEIRA SEMANA EN MATERIA NÁUTICA AOS INTERESADOS EN OBTER O TITULÍN
Remedios López, como responsable da área de Mar no Concello de Burela, realizará o vindeiro 17 e 18 de setembro o terceiro curso de formación para os interesados en obter o título de PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS A MOTOR (TITULÍN) . Este curso e necesaria para patronear lanchas ou motos de augua, de ata 6 metros de eslora e 40 Kw de potencia. Remedios López, edil socialista, recórdanos que poderán participar neste curso todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica realizarase nas aulas de Expomar e a formación práctica nunha lancha no peirao de Burela se o tempo o permite. O curso está limitado a 20 prazas é o custe será de 200€, sen embargo os que estean empadroados no concello de Burela solo deberan abonar de taxas ao 50% (100€).
Este curso xa se ven realizando dende anos anteriores e cúbrense todas as prazas, co cal esperamos que este ano siga tendo a mesma aceptación entre a poboación, será imprescindible para tramitar o título a fotocopia do DNI, un certificado Médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos de carné ,que se deberan presentar xunto co documento de haber pagado as taxas para poder inscribirse no curso. Teñén preferencia no curso os vinte primeiros apuntados.
Con estes cursos dende a concellería do mar de Burela pretendese inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, respetando sinais náuticas e con unha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados, xa que para Burela o mar e un gran referente que temos que coñecer e respetar.
Remedios López, concelleira do mar en Burela, comeza un dos proxectos “MEMORIAS DO OFICIO DO MAR DE BURELA” coa contratación de un licenciado en Historia por seis meses, Olga Suárez Mesias. Esta persoa será a encargada de levar o proxecto a diante e facer un “Obradoiro da memoria recente de Burela”. Un proxecto moi novidoso con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima. Así plasmar en material impreso e audiovisual a vinculación do Concello de Burela co mar, a través de entrevistas a persoaxes relevantes da vida municipal, da súa visión da historia recente de Burela e recopilar vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias.
Nesta ocasión Olga Suárez dedicará os primeiros meses da súa contratación a recopilar información do arquivo histórico da Cofradía de pescadores San Juan Bautista de Burela, xa que Burela tivo porto balleneiro no século XVI. Aínda que o primer peirao fíxose no 1.931 faremos tamén un recordatorio das empresas que se foron xuntando ao caron do peirao e que crearon postos de traballo como: dúas fábricas de salazón a de José Correa e outra de Timote, Conservas Bravo de 1955, dos asteleiros da época, do Pósito de pescadores, das Naves da Trocha, …. Unha vez rematada a recopilación de datos iremos enlazándoos mais a diante coas entrevistas a persoaxes relevantes en Burela no mundo do mar que nos contarán en primeira persoa como recordan a construción do organismo que lideran. E que supuxo para Burela o desenrolo de ese organismo(Construción do faro, de ABSA, de Capitania Marítima, Casa do Mar e Intituto Social da Marina, Edificio de Portos…). E tamén con jubilados do mar e as súas familias, testemuñas directas do desenrrolo e crecemento, e as súas vivencias na Galerna, na Guerra do Bonito ou simplemente da evolución e melloras que fixerón os barcos. O seu periplo polo tempo, pasando de chalanas, a barcos a vapor ata os actuais buques de ferro coas últimas tecnoloxías electrónicas. Recordos que están aletargados e que quedarán plasmados para sempre nun exemplar escrito e nun audio de “MEMORIAS DO OFICIO DO MAR DE BURELA”.
Recordar que todo este proxecto levarase a diante grazas a subvención concedida ao 50%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal cos Fondos Europeos da Pesca, o resto do orzamento será a cargo do concello. Os importe necesarios para levar a diante esta actividade será 40.120,38 € sen o 18% de IVA. dos cales 16.268,52 € iran destinados para a contratación dun licenciado en historia.
BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO A III SARDIÑA POPULAR QUE ORGANIZA O CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN OS CENTOLOS DE A MARIÑA. NO ENVENTO VANSE REPARTIR DE XEITO GRATUITO 500 KILOS DE SARDIÑAS E 150 DE PAN.
Burela acollerá o vindeiro sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular. Neste evento, organizado polo Concello, a través da Delegación do Mar, e en colaboración coa asociación Os Centolos de A Mariña, repartiranse gratuitamente sardiñas e pan.O alcalde de Burela, Alfredo Llano, a concelleira do Mar, Remedios López, o edil de Obras, Pascual Doménech, e o presidente de Os Centolos, Manuel Vidal, presentaron no Concello o evento.
López Villar explicou que “dende a Concellería de Mar de Burela organízase para o sábado 4 de setembro a III Sardiñada Popular que terá lugar a partires das19.30 horas da tarde no peirao. Unha cita que está sendo xa un clásico co que contan os veciños para rematar o verán”.
A edil socialista engadiu que “a Asociación Os Centolos de A Mariña colaborará nos traballos de asado e distribución. Temos previsto repartir 500 kilos de sardiña e 150 kilos de pan gratuitamente a todo o público en xeral”. Remedios López convida “a toda a xente de Burela que se anime a baixar ao porto a degustar un día máis un produto típico como é neste caso a sardiña”.
Agosto-2010
El grupo El Progreso consiguió reunir a instituciones y a un grupo de empresarios mariñanos con el fin de sacar adelante la primera edición de la Festa do Marisco, que se celebra el sábado 28 de agosto en la antigua lonja de Burela y que en ediciones posteriores rotará por todos los concellos mariñanos.
El objetivo de esta iniciativa es promocionar los productos pesqueros que forman parte de la riqueza gastronómica de A Mariña y que, junto a sus recursos naturales, patrimoniales e históricos, conforman los recursos turísticos de una comarca que figura entre las que más proyección tienen dentro de la comunidad.
A la colaboración de la Xunta de Galicia, la Diputación de Lugo y el Concello de Burela, se suman las de Cetárea Burela, Palacio de Cristal, Construcciones y Promociones Os Molineros, Grupo Mon, Grupo Chave de Ouro, Armadores de Burela, la cofradía de pescadores burelesa, Pescados Rubén, Distribuciones Carreiras y Logaidea Comunicación. Todas ellas apostaron desde un principio por esta propuesta del grupo editorial conscientes del valor en alza de la gastronomía en esta zona y del éxito de este tipo de citas allá donde se celebren debido a la excelente calidad de los productos a degustar.
La colaboración de las empresas citadas hace posible que el precio de la bandeja de marisco —incluye dos nécoras, cuatro cigalas y cuartos de kilo de percebes, mejillones y berberechos— pueda adquirirse por 20 euros el mismo día del evento, o bien por 18, si se compran las tarjetas antes en la sede central del periódico en Lugo, en sus delegaciones en la Costa o en el Palacio de Cristal.
Así mismo la delegación del Mar de Burela se caracteriza por su apuesta por la promoción de los productos del puerto burelés a través de distintas jornadas gastronómicas dedicadas a distintos pescados y mariscos a lo largo del año. Por todo ello su responsable, Remedios López Villar, califica como «moi boa» la iniciativa de El Progreso de promocionar el marico de la zona.«Sorprendeume a iniciativa, pero dende logo é moi boa e dende o Concello dámoslle todo o noso apoio, xa que segue a liña na que vimos traballando coa organización de xornadas gastronómicas ó longo do ano». López Villar le augura éxito a la propuesta, no sólo a nivel comarcal, sino que considera que se acercará gente de todo Lugo.
Remedios López, concelleira do mar, continua coas actividades que leva desenrolando ao longo de todo o verán para formar, publicitar e dar a coñecer Burela, a súa gastronomía e os seu encantos mariñeiros. Nesta ocasión quere facer unha homenaxe a todos os veciños e turistas de Burela que utilizan as nosas fermosas praias do noso concello na temporada estival, dedicando un día do verán ao deporte e a diversión acuática.
O sábado, día 21 de agosto en horario de mañá 11 a 14 e en horario de tarde 16 a 19 haberá na Praia do Portelo do concello de Burela (Praia Urbana) MULTIACTIVIDADES ACUÁTICAS GRATUITAS.
Dependendo da osadía dos nosos veciños, poderemos ver a nenos, chavales e maiores disfrutando de SQUIK ACUÁTICO, INCHABLES, DONUS ACUÁTICO, PADEL, SURF, MOTOS DE AUGA E XOGOS ACUATICOS ( Gymcana, baloncesto, etc), A concellería do mar contratará a unha empresa que traerá monitores especializados que ensinarán e axudarán a desenvolver ditos deportes. A novidade para este ano con respecto ao ano anterior serán as BOLAS ACUÁTICAS. Son bolas de plástico transparente onde colle unha persoa no seu interior e se despraza por encima do mar.
Remedios López , edil socialista, recórdanos que estas actividades están limitadas aos menores de 6 anos, é condición indispensable saber nadar e deberan de apuntarse previamente no Concello de Burela para poder participar e organizar grupos. Igual que o ano anterior serán totalmente GRATUITAS a pobación. Así anima a todo os veciños a disfrutar deste día colaborando e practicando algún deporte pouco usual nas nosas praias.
A concellería do Mar colabora dende o inicio na edición da Feira do Bonito de Burela.
O bonito de Burela é unha das exquisiteces da zona e un alicerce imprescindible da economía pesqueira mariñá. Este é un dos motivos polo que vén sendo homenaxeado desde o ano 1983 na denominada Feira do Bonito que nace no seo da Sociedade Cultural Ledicia e que é celebrada cada 1.º sábado de agosto. A Feira do Bonito foi tomando entidade propia e pasou de ser un complemento máis dunhas Xornadas Culturais a ser o que é na actualidade, unha xornada completa de actividades musicais, gastronómicas e deportivas que xiran arredor do mar e do bonito. A súa continua progresión e a afluencia masiva de público valeulle para que no ano 1999 chegase a ser recoñecida oficialmente como Festa Galega de Interese Turístico e que neste ano chegará a súa vixésimoquinta edición.
Nesta ocasión a festa do bonito celebrarase o sábado 7 de agosto do 2010 e o Concello de Burela, a través da concellería do mar, formaliza un convenio coa Cofradía de pescadores San Juan Bautita para poder desenrolar este evento na nave de redes e ter así unha ubicación fixa e definitiva.
Charla en Burela sobre observación de medusas dirixida a responsables de protección civil e a socorristas
Remedios López, a concelleira de Mar en Burela, informa que dende a súa delegación se están a organizar unhas charlas sobre a campaña de observación de medusas que leva a cabo o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, colaborando estreitamente con organismos como SASEMAR e Cruz Vermella de Burela.
A edil socialista invita “a participar na charla informativa que terá lugar o próximo día 5 de agosto ás cinco da tarde no salón de conferencias do Concello de Burela a todos os concellos que dispoñen de areais e polo tanto de servizo de vixianza de praias. Esta charla é especifica para responsables de Protección Civil e do servizo de socorristas, aínda que estará aberta a todo o público en xeral”.
A conferencia correrá a cargo de Ernesto Estévez Castillo, coordinador da campaña de medusas 2010 na zona de actuación Galicia/Asturias. Remedios López sinala que “informará das medidas preventivas, da identificación e do procedemento de actuación ante calquera tipo de avistamento deste tipo de fauna mariña”.
Xullo-2010
Ao acto de izado da bandeira azul do barco museo Reina del Carmen de Burela tivo lugar o 16 de Xulio día da patrona do buque. O acto celebrouse coa asistencia da totalidade dos membros da corporación municipal encabezados polo alcalde, Alfredo Llano, que dedicou unas verbas e a Concelleira do Mar , Remedios López que izou a bandeira azul, ademais de representantes de Absa, da cofraría de pescadoras, da Moncloa e de varias asociacións da vila. Llano subliñou que "se trata dun galardón que recoñece o traballo de divulgación que se realiza desde este barco das artes de pesca tradicional empregadas para a captura do bonito". O rexedor engadiu que "ano tras ano este barco é visitado por centos de persoas, o cal nos anima a seguir traballando na súa promoción".
O alcalde de Burela Alfredo Llano e Remedios López, concelleira do mar, presentaban no día de onte o curso de iniciación ao surf “A TUA PRIMEIRA ONDA” que se realizará no concello de Burela por segundo ano consecutivo, nas praias da Marosa e na Urbana , segundo a meteoroloxía.
A edil socialista Remedios López explícanos que este curso terá unha duración de unha semana, recordar que o ano anterior fora dous días e devido a gran demanda de participantes (85 alumnos) decidimos amplialo a cinco días mais. Serán os días 19.20.21.22 e 23 de Xullo e non ten límite de prazas, sen embargo aclarar que solo estará aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro xoves 15, o venres traballarase en tramitar un seguro de responsabilidade civil a cada participante para comezar o curso como manda a Federación Galega de surf.
Remedios López recórdanos que este curso dirixido a nenos e non tan nenos a partir de 8 anos non ten límite de idade, faremos tres categorías diferenciadas por idades en horario de mañá. De 7,8 e 9 anos será un grupo, 10,11 e 12 anos outro grupo e o 3º grupo para os mais maiores. Ata a fecha temos apuntados 67 participantes. Para poder participar deberase inscribir no concello de Burela ou chamando no teléfono 982 586000.
Este curso será totalmente gratuíto para os participantes e farase a través da empresa HOLA!OLA de Ribadeo, que ten monitores federados e trae todo o material necesario para o desenrolo do curso ( tablas, traxes neopreno,….).
Dende a concellería do Mar anima a toda a poboación a participar, intentando fomentar todos os deportes acuático e así tamén dar publicidade as nosas instalacións. Promocionando o Concello de Burela, os seus areais con bandeiras azuis e a limpeza das súas augas.
Xuño-2010
O xoves 8 de xuño do 2010 tivo lugar en Burela a presentación do comezo do Campionato Galego de motos Acuáticas, neste acto participaron Silvio Perez (comisario), Antonio Iglesias (presidente), Alfredo LLano (alcalde), Remedios López (Concelleira do Mar) e Jose Soto (delegado).
Burela albergará a primeira proba do Campionato Galego de Motos Acuáticas que se celebrará o vindeiro sábado 12 de Xuño na praia do Portelo (Urbana) en Burela, este acto estase a organizar a través da Concellería do Mar de Burela que dirixe Remedios López Villar.
A edil socialista recórdanos que este é o terceiro ano consecutivo que se organiza a proba en Burela e que ten gran expectación na poboación pola afición que ai a este deporte. Na edición anterior o clima non acompañou e desenvolveuse nun circuíto duro, con moito mar de fondo so apto para profesionais, nesta ocasión espéranse que as condicións meteorolóxicas sexan actas para o desenrolo da proba xa que a fecha foi elixida contando coas mareas e coa predición meteorolóxica. Como nas anteriores, cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade e durante todo o día haberá probas e exhibicións.
O campionato comezará as 16 horas onde se desenrolarán varias mangas na modalidade Motos de Auga Maxi e Motos de Auga Jet SKI con un número de participantes de 25 a 30 pilotos. Pero durante todo o día haberá probas de quecemento, entrenamentos oficiais e mangas clasificatorias que nos farán disfrutar de este deporte ao longo de todo o día.
Convidamos a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuíto que é un importante evento deportivo no que o nome de Burela figurará de inaugural ao longo das distintas probar a nivel de toda Galicia.
O alcalde, Alfredo Llano e a concelleira do Mar, Remedios López, inauguraron a exposición fotográfica Lembranzas do mar II.
Remedios López lembra que “ésta é unha homenaxe que a Concellería do Mar dedica a todas aquelas xentes que axudaron e participaron de distintas formas a que Burela saíra adiante e fora coñecida, a través da historia, pola súa tradición mariñeira da pesca artesán de gran calidade”.
Esta exposición consta de 45 paneis de 1×1,5 m que relatan a través de fotos imaxes da pesca, dos barcos, das xentes, das redeiras… imaxes de actividades paralelas á pesca como a conserveira, o transporte de caolín, o transporte da madeira… imaxes de procesións, de afundimentos, de botaduras… A exposición ao aire libre pódese ver na praza do Concello onde estará castro meses. A edil socialista sinala que “se recollerá a finais de setembro para que as inclemencias metereolóxicas non deterioren os paneis”.
Esta exposición faise con fotos procedentes do arquivo fotográfico da Concellería do Mar e do arquivo fotográfico que cede de forma altruísta, a familia de Arcadio Pardiñas e a asociación Casas Baratas. Remedios López apunta que “o arquivo fotográfico permanece aberto e todas aquelas persoas que teñan fotos antigas relacionadas co mundo do mar e queiran velas expostas na próxima exposición. Os interesados poderán traelas ao Concello onde lle faremos unha copia e devolveremos intactos os orixinais”.
A concelleira do Mar engade que “Lembranzas do mar II” dalle continuidade á exposición fotográfica anterior, ubicada na actualidade no peirao, e segue a plasmar o transcurso de cen anos de recordos da nosa forma de vivir. A pesca segue a ser un dos inxectores da economía da Mariña, o que antes era unha actividade estival agora convertese nun oficio próspero e competitivo, grazas a el conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que Burela se desenvolva e medre”.
A Concellaría do Mar participa activamente coa Fundación Expomar organizando:
XI Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores.
O Encontro Empresarial ten periodicidade anual e ten lugar na mañá do venres 28 de Maio, na sala de xuntas de ABSA, participan 23 asociacións onde se valorara o momento actual da pesca e as súas deficiencias. Reunindo as entidades representativas da flota galega e as asociacións cúpulas nacionais, converténdose, froito da transcendencia das decisións tomadas polos participantes, nun encontro obrigatorio de profesionais a nivel nacional.
Xornadas Técnicas
Tamén dende Expomar teremos pola tarde as XVII Xornadas Técnicas os días 27 e 28 de Maio, que terán lugar no salón de actos da Cofradía de Pescadores San Juan Bautista. As xornadas serán inauguradas pola conselleira de Mar, Rosa Quintana o tema elixido para analizar foi basicamente a política pesqueira comunitaria, queremos que os poñentes aborden cuestións coma a postura de Galicia ante a reforma da política común de pesca, a visión práctica e posta en común entre a administración e o sector; as reformas da OCM e a xestión de recursos. Xa o día 28 analizaremos as novas obrigas de control comunitario e para eso queremos que os poñentes falen do control de mercados na política pesqueira comunitaria; o diario electrónico a bordo e a aplicación práctica e comparada noutros estados europeos e o novo regulamento de control. A clausura correrá a cargo de José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo.
Nestas xornadas cada ano propóñense temas de maior actualidade e controversia, contando con relatores con responsabilidade en toma de decisións que suscitan interese no sector e na prensa especializada.
Contaremos coa presenza o xoves de : Juán Carlos Maneiro Cadillo. Director xeral de Competitividade e innovación tecnolóxica da Consellería do Mar, Carmen Rodriguez Muñoz xefa de Area da Subdireción Xeral de Economía pesqeira da Secretaría Xeral do Mar, Pilar Pereda Pérez xefa da área de pesquerías do instituto español de Oceanografía, moderará Mercedes Rodriguez Moreda xerente de OPP 07 Lugo. O venres de: María del Carmen García Negro, doctora na Universidade de Santiago; Iria Soto Tejedor, xefa de área de Asuntos Pesqueiros Comunitarios; e Pedro Galache Valiente, xefe da unidade de control operativo da Axencia Comunitaria do Control da Pesca. De moderador actuará Pablo Fernández Asensio, director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños.
Dende a concellaría do Mar, Remedios López fai unha valoración moi positiva das xornadas gastronómicas da Merluza do pincho de Burela. Aproveitamos o tirón das festas para promocionar Burela, “é unha gran ocasión para probar a calidade dun produto que é una das estrelas da flota pesqueira da localidade, e que axuda a levar o nome de Burela por toda España”. Todos os hostaleiros consultados creen que se trata dunha boa iniciativa e valoran o esforzo e o traballo ben feito que se ven a realizar dende a Concellaría do Mar, intentando levar a clientela extra aos seus establecementos e que ao mesmo tempo fan de escaparate da merluza do picho dos barcos Bureleses.
Por outra banda repartiuse de forma gratuíta na voz de Galicia, na editorial da mariña, o libro dos Sabores do noso mar adicado a merluza do pincho de Burela que tivo moi boa aceptación na poboación. Forón 4.000 exemplares que se distribuiron por todas as librerías mariñanas.
Remedios López recórdanos que no concello de Burela intentamos apoiar ao noso comercio, “aínda que este seña un ano difícil para todos, con poucos ingresos nos concellos seguimos impulsando Burela, porque a merluza meréceo”.
Maio-2010
Burela fai entrega duna vara bonitera ao Museo do Pobo Galego
A iniciativa de catro pescadores xubilados de Burela de doar una vara boniteira ao Museo do Pobo Galego veuse culminada o sábado coa entrega grazas a colaboración da concellaría do mar e a cofradía de pescadores San Xoan Bautista. A vara boniteira levouse nun autobús e ademais dos mariñeiros acudiron outros veciños do pobo acompañados do alcalde Alfredo Llano e os concejales de Mar, Obras, cultura e turismo
Quince rapaces participarán desde o vindeiro luns 12 de abril no terceiro curso de socorrismo acuático que BURELA (FNC) .- Do 28 ao 30 de maio terán lugar en Burela as terceiras xornadas gastronómicas da pescada do pincho. O prezo da ración será de 6 euros ao igual que en anos anteriores. A cita gastronómica foi presentada hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, pola concelleira de Mar, Remedios López e polo presidente de Absa, Abelardo Basanta.
A edil socialista sinala que “estas xornadas coincidirán co inicio das festas patronais e coas xornadas técnicas de Expomar onde se reunirá moita xente de fora. O concello de Burela intenta fomentar e promocionar a innovación e a calidade dun dos sectores mais populares da nosa vila como é a nosa gastronomía, publicitando un dos produtos estrela do noso peirao”.
Nesta ocasión participan nas xornadas gastronómicas da merluza do pincho 14 hoteleiros: Parrillada de Jandro, Mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, O Sargo, Don Jamón, Miranda, Palacio de Cristal, Hamiltón, Mesón de Carlos, a Marquesa, A Facenda, PizzBur e Cervecería Kiko. Remedios López engade que “dende Absa ven moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos, e van agasallar como fixeron en anos anteriores cunha merluza do pincho a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica. O Concello pola súa parte faráse cargo, como organizador das xornadas, da publicidade en prensa e radio e tamén da cartelería sen coste algún para o hostaleiro. O que pretendemos é que Burela sexa un sitio atractivo e pintoresco para vivir e coñecido pola súa pesca de gran calidade onde o turista poderá disfrutar da gastronomía saudable e apoiar ao noso tecido produtivo”.
A concelleira de Mar anunciou que “xunto coas xornadas gastronómicas e con motivo das festas patronais organizamos unha exposición fotográfica de retratos antigos para homenaxear ás nosas xentes dándolle continuidade a un evento fotográfico anterior e plasmando o transcurso de cen anos de recordos da nosa forma de vivir. Esta exposición faise grazas á colaboración do pobo que está a doar continuamente fotos e en especial da familia de Arcadio Pardiñas e tamén da asociación das Casas Baratas de Burela tendo no arquivo fotográfico da Concellería do Mar preto de 2.000 exemplares. Arquivo que sempre me gusta recordar está vivo e aberto para todos aqueles que as queiran doar e algún día ver expostas na praza os seus retratos”.
Remedios López segue a relatar que “esta exposición consta de 90 fotos antigas en branco e negro, colocadas en 45 paneis de aceiro. Estará colocada todo o verán na praza do Concello para recordar que a pesca segue a ser un dos inxectores da economía da Mariña, o que antes era unha actividade estival agora convertese nun oficio próspero e competitivo e grazas a él conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que Burela se desenvolva e medre. Esta plataforma de comunicación recorda o curso do patrimonio natural e cultural da nosa zoa pesqueira, pasando por chalanas a remos,
barcos de madeira a vapor ata os nosos días con barcos de ferro cos últimos avances tecnolóxicos. Tamén se ven reflectidos os oficios de redeiras e industrias como a conserveira que naquela época creaba moitos postos de traballo que agora se extinguiron. Pretende así alcanzar unha maior concienciación e sensibilidade sobre o mundo do mar, potenciando o seu afianzamento como marco xerador de emprego e desenrolo socioeconómico”.
Abril-2010
TERCEIRO CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO
Quince rapaces participarán desde o vindeiro luns 12 de abril no terceiro curso de socorrismo acuático que organiza o Concello de Burela. Segundo explica a edil de Mar, Remedios López, “por terceiro ano consecutivo organizamos un novo curso de socorrismo acuático na modalidade presencial e dirixido a poboación en xeral maior de 18 anos, dará comezo o vindeiro luns 12 de abril as 16:30 horas na sede da Cruz Vermella de Burela. Este novo curso comeza con 15 alumnos inscritos que se formarán en primeiros auxilios, salvamento e socorrismo en praias e tamén na utilización do desfibrilador”.
A concelleira socialista lembra que “o curso consta de tres módulos, o primeiro é de primeiros auxilios e ten unha duración de 20 horas. É imprescindible pasalo para facer o seguinte, os obxectivos desta parte pasan por coñecer os fundamentos básicos de primeiros auxilios, posuír nocións sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar, hemorraxias, contusións e queimaduras. O segundo modulo denominado DESA é unha novidade, durará 8 horas e servirá para saber utilizar o desfibrilador, é obrigatorio. E a terceira parte do curso é a adicada ao socorrismo acuático e ten unha duración de 80 horas. Unha vez aprobados os outros dous, farase una proba de acceso para este módulo, esixindo uns coñecementos básicos de natación. O obxectivo é dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades necesarias para as tarefas de socorrismo así como poñelos ao tanto da lexislación actual no medio acuático”.
O primeiro e terceiro módulo son realizados pola Concellería de Mar que dirixe Remedios López o segundo módulo (DESA) fáise a través da Concellería de Formación de Sonia Fraga. Neste último módulo poderán participar ademais dos inscritos no curso de socorrismo os que xa teñan o título doutros anos. O custe total deste curso será de 260 € por persoa, o Concello subvenciona con 200€ aos que estean empadroados en Burela, os que solo se presenten ao módulo DESA contarán cunha financiación do 100% por parte da Delegación de Formación xa que será obrigatorio para as probas de selección dos socorristas para as praias.
Remedios López manifesta que “un ano mais inténtase formar a poboación en mar e socorrismo acuático, creando un foco de emprego e dándolle a oportunidade de traballar durante os meses estivais á nova mocidade. O Concello de Burela ten solicitado nos plans de cooperación a contratación de 12 socorristas para salvamento e socorrismo en praias cunha duración de tres meses, con fecha de inicio 15/06/2010 e fin 14/09/2010. Nos plans de cooperación publicados no DOG nº40 de 1 de marzo, polos que se intenta subvencionar estes postos de traballo, esixe que sexan desempregados e non teñan mais de nove meses traballados acollidos a esta subvención, iso obríganos a estar renovando continuamente o persoal e fomentando o emprego”. A edil de Mar anima “á poboación a que se forme e teña a oportunidade de conseguir un posto de traballo e gañarse un salario no verán”.
Marzo-2010
PRESENTACIÓN DAS
SEGUNDAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO OURIZO DE MAR
O alcalde Alfredo Llano e a Concelleira do Mar Remedios López, presentan as segundas xornada gastronómicas do Ourizo de Mar do concello de Burela.
As xornadas serán o vindeiro 19 ,20 e 21 de marzo (venres sábado e domingo) facéndoas coincidir apropósito coa ponte de San Xosé, nesa festividade incitarase a poboación a saír da casa e espérase que en Burela haxa mais turistas do habitual, aos que se lles dará a coñecer a nosa gastronomía. O prezo da ración, acordouse o de 4 € para os ourizos cocidos e logo haberá mais degustación de distintas variedades (revolto de ourizo, paté de ourizo, parfait de ourizo de mar e algas,espárragos recheos de caviar de ourizo, pementos recheos de ourizo, arroz con ourizo, crocretas..) na que cada restaurante variará o prezo segundo sexa o tempo de elaboración da tapa.
Concello farase cargo da publicidade en prensa, radio e carteleira sen costo algún para o hostaleiro, nesta ocasión non se fará ningún exemplar da colección “Sabores do noso Mar” xa que na anterior xornada gastronómica a concelleira de Mar, Remedios López, editou un exemplar precisamente eloxiando a gastronomía da zona do Ourizo de Mar, libro que se volverá a regalar por os bares que participen nestas xornadas para que os hostaleiros agasallen aos seus clientes e se animen a consumir e preparar receitas con produtos do noso peirao.
Igual que no ano anterior daranse unhas papeletas polos restaurantes para cubrir polos comensais que desexen degustar o produto da xornada gastronómica e entre todas as papeletas sortearase unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes de Burela que elixan os comensais.
Nesta ocasión participan 17 hostaleiros , incorporandose un mais a última hora: A Bodeguilla, Palacio de Cristal, Restaurante os Remos , Restaurante O Sargo, Mesón Don Jamón, Mesón Carlos, Mesón O Poeta, Bar A Facenda, Bar Orxal, Mesón O Botafumeiros, Bar Trisquel, Mesón Hamilton, Cervecería Kiko, Parrillada a Marquesa, Parrillada de Jandro, Casa Miranda e O Rayo, a responsable desta área, traballa favorecendo o comercio e dando a coñecer os nosos produtos, todo de forma gratuíta para os interesados en participar nestas xornadas e así repetíndoas ano tras ano intentando consolidar as xornadas e incrementar o número de participantes.
Decembro-2009
LIBRO DE RECEITAS DO OURIZO DE MAR
A Delegación do Mar de Burela ven de presentar o terceiro libro gastronómico de Os sabores do noso mar que está adicado ao ourizo de mar. A edil, Remedios López, asegura que “tentamos publicitar e dar a coñecer os produtos de gran calidade que se comercializan no noso peirao. Igual que se fixo co receitario da pescada do pincho ou co bonito de Burela estes receitarios repartiranse de forma gratuíta entre a hostalería e levarase por España ás distintas feiras nas que participe o Concello de Burela”. A concelleira de Mar sinala que “nesta ocasión trátase dun receitario con 13 fotos a color e receitas preparadas polos restauradores máis importantes de Burela. Neste exemplar podemos encontrar pratos tan coñecidos como: revolto de ourizo, tosta de ovo de codorniz con caviar de ourizo de mar, ourizos de mar con fabas, ourizos a vinagreta, paté de ourizo, secreto de ourizo, pizza de ourizo, ourizo recheo de lubrigante, pementos do piquillo recheos de marisco, ourizo e boi de mar, parfait de ourizo de mar e algas, tortilla de ourizo, espárragos recheos de caviar de ourizo e delicias de ourizo con algas nori”.
López Villar engade que “fixéronse 1.000 exemplares que se repartirán nestas datas entre os restaurantes que participaron na xornada gastronómica que se fixo no mes de marzo. Cada restaurante levará 30 exemplares que poderá dar de forma gratuíta á súa clientela sempre e cando consuma algún produto que se comercialice no peirao do Burela. Con esta iniciativa invitamos aos comensais a vir a Burela a comer peixe ou marisco, ou facer a comida de empresa e veranse agraciados cun exemplar desta edición”. A edil socialista anuncia que “estas xornadas, as máis rendibles para os nosos hostaleiros, volverán a repetirse nos anos vindeiros ata consolidarse igual que se fixo coas anteriores”. O departamento que dirixe Remedios López xa está a traballar na cuarta edición desta colección de libros adicado ao peixe espada.
Novembro-2009
Burela promociona por segundo ano o consumo de peixe e marisco fresco do seu porto
BURELA (FNC) .- A partires de mañá as persoas que merquen nas peixerías de Burela recibirán unha papeleta e entrarán no sorteo dunha cesta de peixe e marisco fresco do porto valorada en mil euros. A campaña, posta en marcha pola Concellaría de Mar “intenta promocionar e fomentar un ano mais o consumo dos produtos pesqueiros que se adquiran nas peixerías do municipio procedentes da lonxa de Burela”, segundo explica Remedios López Villar.
A edil socialista lembra que “esta iniciativa comezou o ano pasado por primeira vez e foi moi ben aceptada polas peixerías do municipio, coas que nunca noutra ocasión o Concello tiña traballado. En total participan 9 peixerías na campaña deste 2009 que son: Peixería PEPA, Peixería CARMIÑA, Peixería PEPE, Peixería PASTORIZA, Peixería RUBÉN, Supermercados CEMAR, Supermercados EROSKI, supermercados GADIS e a cetárea de mariscos do Palacio de Cristal”.
A concelleira de Mar manifesta que “as nove peixerías repartirán entre os clientes que merquen productos procedentes da lonxa de Burela durante o mes de decembro unha papeleta para entrar no sorteo dunha magnífica cesta de peixe e marisco fresco. Esta cesta será doada por ABSA, que sempre está interesada en apoiar as iniciativas que realiza o Concello para promocionar os seus produtos, e colabora así doando unha cesta valorada en 1000€. Levará os produtos mais representativos de todas as artes do noso peirao como merluza, rape, rodaballo, lubina, centolo, nécora…”.
Remedios López engade que “o Concello encárgase da organización e publicidade, repartindo entre as peixerías que participen 8000 papeletas que se poñerán a circular a partires de mañá 1 de decembro, 300 carteis que os exportadores repartirán por toda Galicia e farase publicidade en prensa, radio e televisión coa única intención de fomentar o consumo de produtos pesqueiros de Burela. O sorteo da cesta celebrarase o 30 de decembro ás 12 no salón de plenos do Concello de Burela, será un acto aberto ao público e transparente, invitando a todo o mundo que queira a participar. Alí sacaremos a papeleta gañadora que levará esa cesta para disfrutala na súa casa”.