Instalaciones, actuaciones y programas
Barco Museo Reina del Carmen  Barco Museo Reina del Carmen
Gaia  Gaia
Xornadas sobre Medio Ambiente
Punto Limpo
Conterización Soterrada
Axenda 21  Axenda 21
Praias  Praias
s


PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2008
XXXVI Curso de Saúde Ambiental
CONGRESO  PROVINCIAL  DE  MEDIO  AMBIENTE
Lugo, 2-6 xuño 2008
XXXVI Curso de Saúde Ambiental
958 Kb.

Información
Congreso-Lugo-inscricion
69 Kb.

Ficha de inscrición



 

I Certame de Nadal
“PROPOSTAS PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE”
NO NADAL, TIRA FOTOGRAFÍAS OU ESCRIBE

Máis información...

Certame-de-Nadal.pdf
90 kB.

 

     A delegación de Educación, Normalización Lingüística e Medio Ambiente convoca para as datas do Nadal 2007-2008, un certame que tén tres variantes:

- Concurso de fotografía
- Concurso de relato curto
- Concurso de debuxo (para os/as nenos/as de Educación Primaria)

  • Ambas as tres especialidades teñen un mesmo tema como obxectivo: trátase de retratar (mediante un escrito, un debuxo, ou mediante fotografías) o trato que os adultos lle dan ao Medio Ambiente, tanto se é bo como se é malo. É dicir, os participantes deben recoller nas súas fotografías, nos seus relatos, ou nos seus debuxos aqueles aspectos que ven positivos ou negativos (é dicir, que deben ser cambiados) no respecto e no trato ao Medio Ambiente.

 

1. PARTICIPANTES

· Certame de Fotografía e Relato Curto
Nenos e nenas, veciños de Burela, en idade de cursar os estudos de Educación Primaria (dende os 6  até os 11 anos). Permítese a paticipación dun mesmo concursante en ambos os dous certames, fotografía e relato curto.

· Certame de Debuxo
Nenos e nenas, veciños de Burela, en idade de cursar os estudos de Educación Infantil (3 a 5 anos).

 

2. INSCRICIÓNS

     As inscricións pódense materializar dende o mércores 19 até o luns 31 de decembro nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal.

      Aqueles que se inscriban no certame fotográfico, recibirán nese intre unha ficha coa que poderán recoller a súa cámara de único uso e realizar o revelado da mesma gratuitamente en Fotografía Marco Abad, sita en Rosalía de Castro, 45.

 

3. OBRAS

• Certame de Fotografía
Os/as nenos/as inscritos no curso de fotografía poden recibir a axuda dos seus pais e nais.

• Certame de Relato Curto
Os que desexen participar na variante de relato curto deberán facer o seu documento en galego (aínda que o xurado terá moi en conta as circunstancias especiais dos/as nenos/as de fóra de Galicia ou de España). As obras presentaranse en formato DIN-A4, con unha extensión mínima de 1 folla e máximo de 3.

• Certame de Debuxo
As obras presentaranse en formato DIN-A4, empregando ceras para a realización do debuxo.

 

4. LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN

      O certame desenvolverase ao longo das vacacións de Nadal, sendo a data límite para a aceptación dos traballos (na Biblioteca Pública) o 14 de xaneiro de 2008.

      A cada participante admitiránselle un máximo de 2 obras. As obras presentaranse baixo seudónimo, xunto con elas adxuntarase un sobre pechado en cuxo exterior figure o seudónimo, título da obra e certame ao que se presenta, e no interior do mesmo o nome, idade, domicilio e teléfono de contacto do autor.

.

5. XURADO

      Estará composto por:

1 representante do CEIP “Vista Alegre”
1 representante do CEIP “Virxe do Carme”
A Concelleira de Educación e Medio Ambiente
2 Monitoras de GAIA

      O fallo do xurado farase público nun acto programado para o día 20 de xaneiro (unha vez pasadas as festas para que todos e todas teñan tempo de realizar os seus traballos) no que se agasallará a todos/as os/as participantes.

 

6. ENTREGA DE PREMIOS

      Terá lugar o sábado, 20 de xaneiro, no auditorio da casa da cultura, establecéndose tres primeiros premios, un para cada unha das variantes:

  • Certame de Fotografía
            Unha cámara fotográfica dixital
  • Certame de Relato Curto
            Unha cámara fotográfica dixital
  • Certame de Debuxo
            Un lote de materiais para pintar, debuxar e realizar manualidades en xeral

      Todos/as os/as inscritos/as recibirán un agasallo e participarán no sorteo dun computador entre os mesmos.

 

7. OBSERVACIÓNS FINAIS

• Os traballos serán expostos ao público unha vez que se emita o fallo do xurado e durante o prazo aproximado dun mes.

• Unha vez rematada a exposición, serán devoltos aos seus artífices; agás as obras premiadas que quedarán en propiedade da Delegación de Medio Ambiente, que se reserva o dereito de editalas e empregalas sen ánimo de lucro e facendo sempre mención do autor das mesmas.

• As obras non premiadas que non sexan recollidas, do 22 ao 31 de xaneiro na biblioteca municipal entenderanse cedidas á Delegación de Educación e Medio Ambiente.

• A Delegación de Educación e Medio Ambiente terá o máximo coidado no tratamento do material recibido, se ben non se fai responsable en caso de extravío ou deterioro involuntario, motivado pola manipulación das mesmas.

• A inscripción neste certame supón a total aceptación das bases e a aceptación do fallo inapelable do xurado.

    

 

 


 



Eijo Garay, 20 - 27880—Burela (Lugo)—+34 (982) 586 000—Copyright © 1999-2004—burela@burela.org