Normativa:
Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral
do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico
de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información
Catastral.
Servizos que ofrece o Punto de Información
Catastral:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica
de datos catastrais non protexidos e de cartografía
dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica
para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo
aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou
da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa
ao propio solicitante.
Entidades autorizadas para a prestación
do servizo:
As corporacións locais e as demais administracións
públicas, así como os entes e organismos delas
dependentes.
Requisitos:
- Libre acceso para a consulta e certificación de
datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos
Nacional do Catastro.
- Ser titular catastral, o seu representante ou a persoa autorizada
por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais
protexidos dos inmobles da súa titularidade.
Documentación:
- Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
- Acreditación, no seu caso, da representación
ou da autorización.
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre
os Puntos de Información Catastral unicamente permite o
acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro
como titular catastral.
Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure
como titular catastral e o do solicitante, actúe
por si ou por representación, determina que non poida ser
atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención
da xerencia /subxerencia do catastro, á que o interesado
debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación
particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e
solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.
Tampouco se poderán atender no Punto de Información
Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún
dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo
53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.
Localización:
Casa do Concello
Eijo Garay, 20
27880 Burela (Lugo)