REGULAMENTO
DO FORO 21 DE MEDIO AMBIENTE E SOSTENIBILIDADE DO CONCELLO DE
BURELA
ARTIGO 1.- CONSTITUCIÓN.-
O Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade do Concello de
Burela crease, coas atribucións, estructura e funcionamento
determinados no presente acordo.
ARTIGO 2.- ÁMBITO. -
As funcións a desenvolver polo Foro
21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade do Concello de Burela
circunscríbense ó termo municipal de Burela.
ARTIGO 3.- NATUREZA.-
O Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade é un órgano
colexiado de participación, de carácter complementario,
establecido en base ás previsións que sobre participación
cidadá en asuntos municipais dispoñen os capítulos
III e V nos artigos 59 e 251 respectivos da Lei 5/97, de 22 de
xullo da Administración Local de Galicia, os artigos 1
e o artigo 69 da LRBRL.
De conformidade coas determinacións legais citadas anteriormente,
o Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade do Concello de
burela constitúese como órgano consultivo e de
consenso que ten por obxecto regular e favorece-la participación
dos cidadáns, das súas asociacións e doutras
entidades concernidas no coñecemento, planificación
e xestión de toda cuestión que, tendo relación
co Municipio, estea relacionada coa protección do medio
ambiente, a mellora da calidade de vida e o incremento da sostenibilidade
do Municipio de Burela. En consecuencia, configúrase como órgano
permanente de participación, asesoramento, información
e debate.
ARTIGO 4.- FUNCIÓNS.-
As funcións a desenvolver polo Foro
21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade do Concello de Burela,
serán as seguintes:
a.- Ser órgano institucional
de participación entre o Ilmo. Concello de Burela
e os colectivos e entes cidadáns.
b.- Promover o desenvolvemento da Axenda
21 Local de Burela, de acordo cos compromisos adquiridos
polo Ilmo. Concello de Burela coa sinatura da Carta de
Aalborg.
c.- Coñecer e informar sobre os
plans e programas municipais que incidan sobre o medio
ambiente, a mellora da calidade de vida e a sostenibilidade
do Municipio de Burela.
d.- Presentar ós órganos
municipais competentes iniciativas e criterios de actuación
no marco do desenvolvemento sostible.
e.- Participar no seguimento da xestión
municipal.
f.- Emitir informes e propoñer
liñas de actuación medioambiental, por iniciativa
propia ou a petición de órganos municipais.
g.-Constituírse en órgano
de consulta nos procesos de elaboración de normativa
de ámbito municipal de carácter medioambiental
e social.
h.- Coordina-las actividades de carácter
medioambiental e sostenibilidade entre o Ilmo. Concello
de Burela e as asociacións e entidades representadas
no Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade.
i.- Fomentar o coñecemento, sensibilización
e divulgación das materias que competen ó Foro
21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade.
j.- Organizar cursos, xornadas, conferencias
e actos relacionados con temas de carácter ambiental
que afecten ó ámbito local.
k.- Redactar anualmente unha memoria
das actividades do Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade.
l.- Establecer vías de comunicación
con outras administracións e organizacións
de carácter medioambiental.
m.- Coordina-las iniciativas públicas
e privadas en materia de medio ambiente.
n.- Lograr do Concello de Burela os medios
materiais, humanos e económicos necesarios para
o desenvolvemento das funcións do Foro.
o.- Calquera outra función, encomendada
polo Ilmo. Concello de Burela en relación á planificación,
desenvolvemento e avaliación de actuacións
que indican sobre a sostenibilidade municipal. |
ARTIGO 5.- ESTRUCTURA
E COMPOSICIÓN DO FORO 21.-
O Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade
do Concello de Burela estará constituído polos
seguintes estamentos: Asemblea Xeral, Presidente, Vicepresidente,
Secretario.
Así mesmo, constituiranse Comisións de Traballo
encargadas de desenvolve-los traballos derivados da Asemblea
Xeral, que estarán coordinadas por unha Comisión
Técnico.
ARTIGO 6.- ASEMBLEA XERAL.-
A Asemblea Xeral estará integrada por tódolos
membros do Foro 21, terán un carácter aberto, é dicir, ás
sesións da asemblea poderán asistir, con voz pero
sen voto, aquelas persoas que non sendo membros do Foro 21, poden
asesorar e colaborar no mellor cumprimento das funcións
encomendadas ó Foro 21.
A Asemblea estará integrada polos seguintes membros:
A Presidencia
A Vicepresidencia.
A Secretaria.
7
representantes da Corporación Municipal, alomenos
un por cada grupo político e outro por cada 20%
da proporcionalidade da representación de cada un
dos grupos municipais.
1 representante da Axencia
de Desenvolvemento Local.
1 representante de asociacións
sociais.
1 representante de asociacións
culturais.
1 representante de asociacións
xuvenís.
1 representante de asociacións
deportivas.
1 representante de asociación
veciñais.
1 representante de asociacións
medioambientais.
1 representante do sector
bancario.
2 representantes do ámbito
educativo.
1 representante dos servicios
sanitarios.
1 representante do sector
da construcción
1 represente do sector pesqueiro.
2 representantes de actividades
comerciais minoristas.
1 representante da empresa
encargada da xestión da recollida de RSU.
1 representante da empresa
encargada da xestión da auga.
1 representante da empresa
subministradora de enerxía.
1 técnico municipal.
1 representante da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
1 representante da Consellería
de Medio Ambiente.
1 representante da empresa
redactora da auditoría medioambiental. |
O nomeamento dos membros da Asemblea Xeral terán unha
duración de catro anos, podendo cada unha das partes designar
titulares e suplentes.
Os membros da Asemblea Xeral que o sexan en virtude do cargo
que ostentan, perderán a condición de tales no
momento de cesar nas súas funcións.
ARTIGO 7.- PRESIDENTE.-
O Presidente do Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade
será o Alcalde da Corporación ou membro en quen
delegue.
Son atribucións do Presidente:
Convocar ó Foro
21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade.
Convocar as sesións
ordinarias e extraordinarias.
Fixar o orde do día
tendo en conta as peticións formuladas por escrito
e con antelación, dos membros do Foro 21.
Presidi-las sesións
e suspende-las con causa xustificada.
Modera-los debates desenvoltos
no transcurso das sesións.
Facultar, coa súa
sinatura, os acordos do Foro 21.
Exercer cantas funcións
sexan inherentes á Presidencia. |
ARTIGO 8.- VICEPRESIDENTE.-
Ostentará a Vicepresidencia do Foro 21 de Medio Ambiente
e Sostenibilidade un representante das asociacións municipais
representadas no Foro 21, elixido polos membros do Foro 21. É atribución
do Vicepresidente asistir ó Presidente nos asuntos que
este requira.
ARTIGO 9.- SECRETARIO.-
O Secretario do Foro 21 de Medio Ambiente e
Sostenibilidade será o da Corporación Municipal
ou funcionario en quen delegue.
Son atribucións do Secretario:
Prepara-lo orde do día.
Efectua-las convocatorias.
Levantar e conserva-las
actas das sesións.
Calquera outra función
propia da súa función de secretario. |
O Secretario asistirá ás sesións do For
21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade con dereito a voz, pero
sen voto.
ARTIGO 10.-
COMISIÓN TÉCNICA.-
A Presidencia da Comisión Técnica, ostentaraa
o Concelleiro de Medio Ambiente ou persoa en quen delegue. Estará formada
polos coordinadores das Comisións Temáticas, elixidos
pola Asemblea Xeral a proposta do Presidente, e técnicos
coñecedores da realidade municipal.
Son funcións da Comisión Técnica:
Manter ó día
os sistemas de información do Foro 21, coordinando
a comunicación interna e externa.
Coordina-las Comisión
de Estudio para tratar temas específicos.
Promover
plans, programas e obxectivos das actividades.
Redactar
informes e memorias.
Asistir tecnicamente ós
participantes no For |
ARTIGO 11.- COMISIÓNS DE ESTUDIO.-
Estarán coordinadas polos membros da
Comisión Técnica e compostas por membros do Foro
21 elixidos pola Asemblea Xeral.
É función das Comisións de Estudio:
Elabora-los documentos
de traballo que serán supervisados pola Comisión
Técnica e a Asemblea Xeral. |
ARTIGO 12.- RÉXIME DE CONVOCATORIAS.-
A Asemblea Xeral do Foro 21 de Medio Ambiente
e Sostenibilidade reunirase, en sesión ordinaria, cunha
periodicidade trimestral , con carácter extraordinario,
previa convocatoria da Presidencia, solicitada por escrito e
coa debida antelación.
Establecese quórum coa asistencia da terceira parte dos
membros da Asemblea Xeral.
A Comisión Técnica e as Comisións Temáticas
manterán reunións, en sesión ordinaria,
con periodicidade mensual e quincenal respectivamente, e en sesión
ordinaria, previa convocatoria do seu Presidente e Coordinadores
respectivo, solicitada por escrito e coa debida antelación.
ARTIGO 13.- ADOPCIÓN DE ACORDOS.-
Os acordos adoptaranse por maioría de
votos. En caso de empate, o voto do Presidente non terá carácter
decisorio.
ARTIGO 14.- SEDE.-
A sede do Foro 21 de Medio Ambiente e Sostenibilidade, estará emprazada
no Salón de Conferencias do Concello de Burela.
ESTRUCTURA FORO 21 MEDIO AMBIENTE E SOSTENIBILIDADE 
|