No Salón de Sesións do Concello de Burela, sendo as vinteunha horas e dez minutos do día dezaseis de xuño do dous mil catro, baixo a presidencia do Sr. Presidente Don Cristóbal Edrosa Fernández, e coa asistencia dos señores a continuación relacionados, procedeuse a celebra-la sesión convocada ó efecto.
ASISTENTES
PRESIDENTE:
DON CRISTÓBAL EDROSA FERNANDEZ
VOCAIS:
DON AMARO BASANTA CORTIÑAS
DON ANTONIO BARCIA TEIJEIRO, CONCELLEIRO DO GRUPO POLÍTICO DO P.P.
DON JAVIER AMAT CASARIEGO, CONCELLEIRO DO GRUPO POLÍTICO DO C.D.S.
DON MARCELINO LUNA ALMARZ, REPRESENTANTE DO ÁMBITO EDUCATIVO.
AUSENTES:
DONA ROCIO RIVERA SEARA, REPRESENTANTE DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS.
DON MIGUEL ANGEL CENICEROS LÓPEZ, ARQUITECTO TÉCNICO MUNICIPAL
Sendo a hora sinalada anteriormente polo Sr. Presidente declarouse aberta a sesión, pasándose a tratar o seguinte asunto:
ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS.-
O Sr. Amaro Basanta Cortiñas propón facer un inventario de obstáculos nas beirarrúas.
Nesta reunión propoñen tódolos membros asistentes revisar toda a zona feita; encargado a Ovidia e José Luis un inventario do que está mal nesta zona (zona amarela-segundo planos), antes de pasar á seguinte fase prevista para o 2004. Controlar toda a obra nova feita no Concello para aplica-la normativa sobre eliminación de barreiras.
Así mesmo queda convocada a seguinte reunión que será o martes día 27 de xullo do ano en curso ás 20,00 horas.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as vinteunha horas e cincuenta e cinco minutos.