1.Residuos Sólidos Urbanos
2.Anexo II: Reportaje Fotográfico Puntos de Vertido

1.Contaminación por Formas de Materia
2.Ruido
3.Conclusiones
4.Recomendaciones

1.Captación de las Aguas Urbanas
2.Potabilización
3.Dotación y Consumo
4.Saneamiento
5.Tratamiento y Depuración de Aguas
6.Mantenimiento y Explotación
7.Anexo III: Reportaje Fotográfico Agua

1.Energía Eléctrica
2.Consumo de Combustibles
3.Coste Energético Municipal
4.Conclusiones

PARTE I
1.Estructura Empresarial
2.Análisis Económico Empresarial
3.Actividades Económicas
4.Actividades Empresariales Más Representativas
5.Conclusiones
PARTE II
6.Demanda de Empleo
7.Oferta de Empleo
8.Contratación

1.Demografía
2.Servicios Sanitarios
3.Educación
4.Servicios Sociales
5.Asociacionismo

1.Urbanismo
2.Movilidad Y Transporte

1.Introducción
2.Procedimiento
3.Análisis de los Resultados
4.Plan de futuro
ANEXOS
5.1.Anexo IV: Cuestionario de Medio Ambiente y Sostenibilidad
5.2.Anexo V: Reglamento Foro 21
5.3.Anexo VI: Material de Divulgación

1.Medio Natural
2.Gestión Municipal
3.Análisis de la Actividad Económica
4.Estudio Socio-Cultural
5.Urbanismo, Movilidad y Transporte
6.Opinión y Participación


1.Regulamento Foro 21
2.Acordos Foro 21
    
          

Acuerdo del día 09/12/2004   
 ACTA DA SESIÓN CELEBRADA POLA COMISIÓN DE CONTROL E AVALIACIÓN AMBIENTAL.

Na Casa do Concello de Burela, sendo as dezanove horas do día nove de decembro do dous mil catro, baixo a presidencia do Sr. Presidente Don José González Barcia, e coa asistencia dos señores a continuación  relacionados, procedeuse a celebra-la sesión convocada ó efecto.

 

ASISTENTES

 

PRESIDENTE:

DON JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA

 

VOCAIS:

DONA FÉ RODRÍGUEZ ROCHA, representante da Deputación Provincial de Lugo.

DONA ÁGUEDA BARCIA IRAVEDRA, representante de colectivos sociais.

DON CARLOS SAA FERNÁNDEZ, representante de colectivos sociais.

DON MANUEL DÍAZ FERNÁNDEZ, representante dos centros de ensino.

DON XOSÉ LOIS LÓPEZ RÁBADE, representante da Corporación Municipal polo B.N.G.

 

AUSENTES:

 

DON JOSÉ PREDRO CHAO POLO, representante da Corporación Municipal polo PSdeG-PSOE.

DON JUAN LUIS MORENO CAZORLA, representante encargada da xestión da auga.

DON JOSÉ REGA PIÑEIRO, representante da Consellería de Medio Ambiente.

DON JOSÉ CARLOS DÍAZ RAMIL, representante da empresa encargada da xestión e recollida de R.S.U.

 

Sendo a hora sinalada anteriormente polo Sr. Presidente declarouse aberta a sesión, pasándose a tratar os seguintes asuntos:

 

1.- Informe da Coordinación sobre puntos emanados de reunións anteriores.

O Sr. Rábade pide realizar un control nas vindeiras campañas que se fagan sobre a sensibilización en materia recollida de lixo para avaliar a sua efectividade.

Informe de FEVE.-Comunico só os nomes dos productos, polo que haberá que solicitar a ficha técnica dos mesmos.

Asuntos que poden afectar á normativa municipal vixente.- Indícase  que polos servizos técnicos do concello se están a facer os traballos correspondentes.

Indícase que tal e como propuxo o Sr. Rábade e presidentes de comunidades de veciños emitirase un bando de Alcaldía no que se recollan os horarios de déposito de bolsas de lixo, de recollida de contenedores e de normas a seguir no caso de posesións de cans. Pero tamén se emitirá outro bando, coas afectacións que pudiera haber na recollida de li xo e limpeza viaria durante as festas de Nadal.

Colocación de contenedores.- Por parte de Coordinador coméntase a colocación de novos contenedores de orgánicos e bolsa amarela na zona de O Torno e Concepción Arenal, así como novos contenedores de vidro e de papel/cartón.

2.- Regulamento de verquidos de augas residuais á rede pública de saneamento.

Por parte de coordinación faise constar en breve se remitirán as cartas ás licencias de IAE que proporcione Facenda, para xeral coñecemento do indicado regulamento.

Por unanimidade, acórdase que na reunión de Xaneiro, logo de considerar as posibles alegacións que se presenten, se remita informe á Secretaria do Concello para a conclusión do indicado texto na normativa municipal sempre e cando se axuste á legalidade vixente.

3.- Preparación dunha sesión monográfica sobre a auga.

Faise constar que na vindeira reunión falaráse sobre a problemática da auga, co que se poñerá a disposición dos membros da comisión a documentación que obre en poder do Concello; básicamente esta sesión servirá para ter idea clara dos aspectos técnicos, orzamentarios, de prazos, de constitución do consorcio, etc., que tén maracados a Xunta sobre a nova de rede de abastecemento a Burela.

Tamén se fala sobre a necesidade de que a empresa Espina y Delfín aporte datos sobre as análises de potabilidade de auga.

Igualmente, se comenta a viabilidade a analizar a potabilidade da auga das fontes públicas. Tendo en conta a dificultade de constatar tal potabilidade, acordouse colocar carteis que indiquen que a auga de tales fontes non está controlada, indicando brevementeos motivos.

4.- “Edificios verdes”.

Dado o interese que suscita o tema, acórdase para a vindeira reunión que cada membro da comisión traiga a súa definición do que sería un “edificio verde”, dado que hai posibilidades de ir traballando de cara a ir incorporando estes aspectos á normativa municipal.

5.- Informes varios da Coordinación.

Ó non haber mais asuntos que tratar, levantouse a sesión as vinte horas.

 

 E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as vinte horas e cincuenta e cinco minutos.


  

 

 








fondo-inicio.gif