No Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca Pública do Concello de Burela, sendo as dezanove horas e quince minutos do día dezaoito de novembro de dous mil catro, baixo a presidencia do Sr. Concelleiro-Delegado de Medio Ambiente, Don José González Barcia, e coa asistencia dos señores a continuación relacionados, e actuando como Secretaria a da Corporación Municipal, Dona Elisa Mogo Miranda, procedeuse a celebra-la sesión convocada ó efecto de acordo coa Orde do Día que consta na citada convocatoria.
ASISTENTES
PRESIDENTE:
Don José González Barcia, Concelleiro-Delegado de Medio Ambiente.
VICEPRESIDENTE:
Don Ángel Vigo Díaz
VOCAIS:
Don Cristóbal Edrosa Fernández, Concelleiro do Grupo Político do P.P.
Don Luís Miguel Pedre Díaz, Concelleiro do Grupo político do P.P.
Don Antonio Barcia Teijeiro, Concelleiro do Grupo político do P.P.
Don Xosé Lois López Rábade, Concelleiro do Grupo político do B.N.G.
Don Javier Amat Casariego, Concelleiro do Grupo Mixto-C.D.S.
Dona María José Castro González, en representación da empresa redactora da Axenda 21 Local.
Dona Yolanda Otero Eijo, representante da ADL.
Don Carlos Saa Fernández, representante das Asociacións Veciñais.
Dona Águeda María Barcia Iravedra, representante de Asociacións Medioambientais.
Don Antonio Maañón López, en representación do sector bancario.
Don Juan Luís Moreno Cazorla, representante da empresa de Espina y Delfín, S.A.
Don Pablo Mosquera Mata, representante dos servicios sanitarios.
Dona Mª Fe Rodríguez Rocha, representante da Deputación Provincial de Lugo.
Don Marcelino Luna Almarza, representante do ámbito educativo.
Sendo a hora sinalada anteriormente, polo Sr. Presidente decalarouse aberta a sesión, pasándose a trata-los asuntos incluídos na Orde do Día:
1º.- APROBACIÓN, DE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR
Pola Presidencia preguntase ós asistentes si teñen algunha obxección que formular á acta da sesión celebrada en data sete de maio do ano en curso; non formulándose observación algunha, apróbase a citada acta por unanimidade dos membros presentes.
2º.- COMUNICACIÓN Á ASAMBLEA XERAL DO TRABALLO DESENVOLVIDO POLAS TRES COMISIÓNS CREADAS SENTRO DO FORO 21. ADOPCIÓN DE ACORDOS DE PROCEDE.
Polo Sr. José González Barcia faise un resumo do tratado e acordado polas tres comisións de estudio encargadas de desenvolve-los traballos derivados da Asamblea Xeral: Comisión de Control e Avaliación Ambiental, Comisión de Diversificación e Potenciación dos Sectores Económicos e Comisión de Desenvolvemento Social.
A continuación a Sra. Mª Fe Rodríguez Rocha, tendo en conta que na Comisión de Desenvolvemento Social se tratou o tema da eliminación de barreiras arquitectónicas, expón que a Deputación Provincial dotou ó Concello de Burela, entre outros Concellos da Mariña de Lugo, dun Plan de Accesibilidade que recolle os problemas que nese senso ten o municipio e as soluciónsos mesmos. Adianto que, existindo unha petición do Concello de levar á practica esas solucións previstas, a citada petición foi trasladada ó IMERSO, organismo o que se pideu 1.000.000 € para o diagnóstico e solución destes problemas nos Concellos de toda a provincia. Explica que o IMERSO achega 500.000 € para o diagnóstico nos municipios que non participaron nesta primeira fase e que ten a promesa do Director Xeral de aportar os 500.000 € restantes para a solución dos problemas diagnosticados nos municipios que como Burela xa contan co Plan de Accesibilidade.
Sobre o tema do comercio polo miúdo quere recordar que a Xunta de Galicia ten un Plan de prexubilación anticipada.
Pola súa parte o Sr. Marcelino Luna Almarza planteas o tema dos restos arqueológicos aparecidos na zona de Castrelos polo seu interese como elemento dinamizador do sector turístico, sinalando ó respecto o Coordinador da Comsión de Desenvolvemento Social, Don Cristóbal Edrosa Fernández, que os vestigios da época romano-tardía aparecidos na citada zona de raíz das escavacións arqueolóxicas alí realizadas vanse trasladar a Santiago para o seu estudio por Cultura e posteriormente tratarase de que volvan ó municipio para dalos a coñecer dende aquí polo interese e importancia para que o mesmo obviamente teñen. Apunta que haberá que estar o que dictamine a Consellería de Cultura aínda que recalca que a intención do Concello e que ditos restos queden en Burela.
A continuación o Sr. Maañón López mostra a súa preocupación polos cheiros emanados da Conservera e pregunta si non hai unha solución que permita acabar cun problema que prexudica os veciños da zona e o municipio en xeral. O Sr. González Barcia expón que confía que nun prazo razoable a empresa solucione tal problema e que dende o Concello se buscaron medidas tendentes a ese fin dende o primeiro momento. Engade que segundo noticias da empresa nestes días íase proceder á revisión de toda a instalación para conseguir determinar dunha vez por todas de onde ven o problema e coida que, a pesar da boa disposición que mostra aquela para acabar co problema e das numerosas medidas que se adaptaron ó efecto, de non dar resultado dende o Concello teranse que adoptar medidas máis drástica.
3º.- COMUNICACIÓN Á ASAMBLEA XERAL DA AXENDA DE TRABALLO DAS TRES COMISIÓNS PARA OS VINDEIROS MESES. ADOPCIÓN DE ACORDOS SE PROCEDE.
Pola Presidencia propóñense puntos a traballar de forma inmediata por cada comisión en función do indicado nos tres plans de sostenibilidade, deixando claro que elo sería con independencia das previsións que cada comisión ten marcadas:
DESENVOLVEMENTO MEDIO AMBIENTAL:
Trata-lo regulamento de vertidos de augas industriais.
Abastecemento e consumo de auga.
Incorporación á normativa medioambiental municipal daquelas cuestións que se vaian considerando oportunas (ruídos, augas industriais, asentamento de locais interiores para colectores nos edificios de nova construcción, separación de augas pluviais e resudáis en edificios de nova construcción, etc.)
DESENVOLVEMENTO SOCIAL:
Estudia-las vías de potenciación de comercio minorista, en base á
Busca de novos xacementos de emprego.
Busca de novos xacementos de negocio.
Renovación do sector.
Incorporación da muller ó comercio minorista.
Organización de actividades e posta en marcha de actuacións para a consolidación do sector.
Organización de xornadas en colaboración con entidades empresariais para informar sobre a instalación de franquicias.
DESENVOLVEMENTO INDUASTRIAL:
Deberíase realizar unha memoria de industrias e/ou empresas suscep`tibles de incorporarse á rede de calidade e certificación ambiental ISO14000.
Estructura-lo acceso das industriais e empresas de Burela ás liñas de subvencións establecidas polas administracións supramunicipais para poder realizar certificacións de calidade e ambientais ISO.
Estructuración por sectores e por afectación social, para cegar a contar con tres ou catro ISOs anuais.
Potencia-la creación dunha asociación de comerciantes e industriais.
Asesoramento nese sentido ás empresas; e tamén noutro (outr tipo de subvencións, de excursións, etc).
CAPÍTULO DE FORMACIÓN SOCIAL:
Debería ir en dúas vertentes:
§ Por un lado, o que xa se falou de cara a buscar novas oportunidades de negocio e de xacementos de emprego.
§ Por outro, xornadas sobre aforro energético e uso de enerxías renovables dirixidas a industriais, comerciantes, autónomos e mesmo responsables políticos, a través de EOI.
O Sr. González Barcia matiza que todo o indicado deberían facelo sen esquecelos temas que se poidan plantexar puntualmente, e eso si, sen presas pero sen pausa, sendo conscientes de que non é fácil. Engade que ademais, sobre todo o tratado débense elaborar documentos.
O Sr. Marcelino Luna Almarza pregunta si no foro 21 está integrado algún representante do comercio minorista, sinalando o Sr. González Barcia que neste momento no pero que se falou coa Asociación de Comerciantes da Rúa do Río que demostra interese en participar e a tal fin, e previa reunión que se celebrará en próximas datas, comunicarán ó Concello o nome da persoa elidida para representalos no Foro 21.
Tras trata-lo tena da falta dunha ACIA en Burela e das causas que provocaron a disolución da existente no seu día, chégase á conclusión da necesidade de profesionalizalo sector e de potenciar a creación dunha asociación de comerciantes a nivel municipal.
Os membros presentes da Asamblea Xeral quedan enterados dos temas que, dentro do marco dos plans de sostenibilidade, se propoñen como puntos a tratar en vindeiras sesións das Comisións de Estudio.
4º.- VALORACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DOS TRABALLOS NO FORO 21 SOBRE Á AXENDA 21
Neste punto o Sr. González Barcia sinala que reunidos os tres coordinadores actuais das Comisións de Estudio e a dirección técnica da Axenda 21 e analizado o traballo efectuado, entenden que este é aceptable. Di que saben que se fixo un esforzo importante para entrar na dinámica de grupos pero que é preciso empezar xa a traballar en serio en proxectos como os que se indicou anteriormente, afondando en cada un deles.
A tal efecto coida necesario que se convoquen as reunións das Comisións con mayor antelación e que se acompañe á convocatoria a Orde do día para que os membros das mesmas poidan acadar datos sobre os temas propostos e prepara-los distintos puntos que en cada reunión se van a tratar.
Engade que a Axenda 21 supón paciencia e tenacidade.
O Sr. Cristóbal Edrosa Fernández opina que nas reunións celebradas ata agora se plantexaron demasiados temas sen ter en conta que levalos á práctica todos comporta a posta a disposición duns medios dos que non dispón o Concello. Coida que hai que se realistas e que é preferible tratar menos temas e conseguir levalos á práctica, que perderse en cuestións teóricas.
O Sr. Ángel Vigo Díaz mostrase de acordo coa apreciación do Sr. Edrosa e entende que a teoría debe levarse á práctica e a acompañarse dun control ou seguimento que permita a consecución do obxectivo tratado.
5º.- ROGOS E PREGUNTAS.
Neste punto non se formula pregunta ou rogo algún.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as vinte horas e vinte cinco minutos, estendéndose a presente acta, que, en proba de conformidade con ela expresado asina conmigo o Sr. Presidente, de todo o cal como Secretaria dou fe.
O Presidente A Secretaria.
Asdo: José González Barcia Asdo: Mª Elisa Mogo Miranda