Na Sala de Xuntas do Concello de Burela, sendo as dezanove horas e cinco minutos, do día dezasete de novembro de de dous mil catro, baixo a Presidencia do Coordinador Don Luís Pedre Díaz, e coa asistencia dos Sres. que a continuación citamos, procedeuse a celebra-la sesión convocada ó efecto.
ASISTENTES:
DON LUIS MIGUEL PEDRE DÍAZ - PRESIDENTE - COORDINADOR
VOCAIS:
DONA YOLANDA OTERO EIJO - Representante ADL.
DON ÁNGEL VIGO DÍAZ - Vicepresidente Foro 21.
DON ANTONIO MAAÑÓN - Representante banca.
DON JUSTO EIJO - Representante sector pesqueiro.
DON ANDRÉS LEMA – Representante empresa subministradora de enerxía.
AUSENTES:
DON NARCISO GONZÁLEZ GARCÍA - Concelleiro-Delegado de Comercio e Industria.
Sendo a hora sinalada polo Sr. Coordinador declarouse aberta a sesión, tratándose os seguintes temas:
1º.- Lectura da acta anterior e aprobación da mesma.
2º.- A Técnico da A.D.L., explicou a boa acollida por parte dos empresarios, da campaña informativa sobre o fomento do emprego; facilitóuselles todo tipo de información sobre as axudas e subvencións relacionadas con este tema. Tódolos membros coincidimos sobre o positivo da experiencia así como en continuar con outros sectores de empresarios unha vez que se remate co pesqueiro que foi polo que se comezou.
3º.- Como punto novedoso tratado nesta sesión compre destaca-lo relacionado co pequeno comercio de Burela. Todos coincidimos que este é un sector importante que en moitos casos está destinado a desaparecer, ben por falta de continuidade ou por falta de iniciativas.
Acordouse levar a cabo unhas charlas informativas sobre o tema das franquicias, poñéndonos en contacto coa asociación de franquiciadores para levalas a cabo.
4º.- Vaise tamén a traballar dende a Delegación Municipal de Turismo, co apoio de tódolos membros integrantes desta Comisión na recuperación para o vindeiro mes do nadal das xornadas gastronómicas.
Plan de traballo:
1.- Un dos obxectivos principias para o pobo de Burela sería o da posta en marcha de novo dunha asociación de comerciantes, esta é unha das metas que nos propuxemos a longo prazo os componentes desta Comisión.
2.- A celebración dunhos folletos informativos de tráfico con consellos e normas para unha mellor circulación viaria e un mellor modo de aparcar, contando coa axuda da policía municipal; o obxectivo é o de facer unha compaña informativa a este respecto buzoneando por tódolos fogares de Burela
Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as vinte horas do día sinalado.