Nesta sesión celebrada no día un de outubro de dous mil catro tratáronse os seguintes temas:
1º.- Por parte do Coordinador informouse de:
· Solicitude a FEVE, por parte da Comisión de Goberno, de información sobre os pesticidas que usa; FEVE aínda non contestou.
· Estase a estudiar por parte da arquitecta municipal en funcións aspectos relativos á canalización de augas residuais e pluviais en edificios, así como aspectos relacionados coa realización de obras por parte das empresas de servicios cando se abren rúas ou beirarrúas, de cara á súa incorporación á normativa municipal se procede.
· No tocante ás zonas de pegadas de carteis, enténdese por parte de Secretaría que deberá incorporarse á ordenanza mediante acordo do órgano colexiado correspondente.
· No que atinxe ó control de megafonía e distribución de octavitas, deberá facerse para tódalas empresas, sexan de fóra ou do propio concello; este tema, inicialmente, debería levar un trámite semellante ó punto anterior.
2º.- Campaña de sensibilización en materia de recollida selectiva.
· Faise constar que se presentou no mesmo día.
· Por parte do Sr. Rábade proponse que tamén se distribúan bandos coa indicación de horarios obrigatorios de depósito de bolsas de lixo e de vaciado de colectores.
· Coméntanse aspectos referidos ó uso do punto limpo por parte de comerciantes.
3º.- Regulamento de verquidos industriais á rede pública de saneamento.
· Por parte do representante de Espina y Delfín faise un resume do regulamento.
· Os presentes mostran unha opinión favorable a que se inclúa na normativa municipal.
· De cara a eso, coméntase a viabilidade de remitir escrito ós industriais e comerciantes por se queren estudiar o indicado regulamento.
· Veuse positivo concertar unha reunión coas directivas de determinadas asociacións e/ou colectivos para poñer en marcha un proxecto piloto de recollida domiciliaria de restos de aceites domésticos.
4º.- Preparación da vindeira reunión.
· Falarase de novo do regulamento de verquidos industriais.
· Farase unha sesion cuasi monográfica sobre o tema da auga.
· Falarase tamén dos chamados “edificios verdes”.
· Non se esquecerán asuntos que veñen sendo recurrentes (ruidos, coches tuneados; etc.); a tal efecto, tentarase de traer datos.
· Verase o xeito de planificar temporalmente as reunións.