Na Sala de Xuntas do Concello de Burela, sendo as dezanove horas do día vintenove de setembro de dous mil catro, baixo a presidencia do Sr. Coordinador Luis Miguel Pedre Díaz, e coa asistencia dos señores que a continuación relacionamos, procedeuse a celebrar a sesión convocada ó efecto.
ASISTENTES:
COORDINADOR:
DON LUIS MIGUEL PEDRE DÍAZ – Representante Corporación Municipal
VOCAIS:
DONA YOLANDA OTERO EIJO – Representante ADL.
DON ÁNGEL VIGO DÍAZ – Vicepresidente Foro 21.
DON JUSTO EIJO – Representante sector pesqueiro.
DON ANDRÉS LEMA – Representante empresa subministradora enerxía.
AUSENTES:
DON NARCISO GONZÁLEZ GARCÍA – Representante Corporación Municipal
DON ANTONIO MAAÑÓN – Representante banca.
Sendo a hora sinalada polo Sr. Coordinador declarouse aberta a sesión, tratándose os seguintes temas:
1º.- Lectura da acta anterior e aprobación da mesma.
2º.- Fomento do emprego. A técnica de emprego, Yolanda Otero, presentou unha lista detallada de tódalas empresas do Concello con vistas a elaborar unha campaña formativa e informativa nas mesmas. A intención da campaña é fomentar o emprego acudindo ás empresas para informar das axudas e subvencións en materia de contratación. Acordouse comezar dita acción polas empresas do sector pesqueiro.
3º.- Fomento do emprego a través de Internet. En vindeiras datas colgarase na páxina web do Concello unha Bolsa de Emprego onde as empresas poidan colocar as demandas de traballo, así como os demandantes de emprego tamén poderán publicar o seu curriculum. Xa se lle comunicou á persoa responsable de actualizar a páxina web esta actuación.
3º.- Limitar a velocidade en certos puntos de Burela, debido a problemática de exceso de velocidade que están sufrindo os viandantes bureleses, a través de bandas rugosas, sinales luminosas, etc.
4º.- Búsqueda de alternativa ó aparcamento de camións de gran tonelaxe. Xa se iniciaron actuacións nesta materia o cal ocasionou unha melloría notable.
Así mesmo queda convocada a seguinte reunión que será o 17 de novembro de 2004 ás 19:00 horas.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as vinte horas e cinco minutos.