No Salón de Sesións do Concello de Burela, sendo as vinte horas e dez minutos do día vintesete de xullo do dous mil catro, baixo a presidencia do Sr. Presidente Don Cristóbal Edrosa Fernández, e coa asistencia dos señores a continuación relacionados, procedeuse a celebra-la sesión convocada ó efecto.
ASISTENTES
PRESIDENTE:
DON CRISTÓBAL EDROSA FERNANDEZ
VOCAIS:
DON AMARO BASANTA CORTIÑAS
DON JAVIER AMAT CASARIEGO, CONCELLEIRO DO GRUPO POLÍTICO DO C.D.S.
DONA ROCIO RIVERA SEARA, REPRESENTANTE DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS.
DON JOSE LUIS LOPEZ FERNÁNDEZ-ENCARGADO DE OBRAS DO CONCELLO DE BURELA
AUSENTES:
DON ANTONIO BARCIA TEIJEIRO, CONCELLEIRO DO GRUPO POLÍTICO DO P.P.
DON MARCELINO LUNA ALMARZA, REPRESENTANTE DO ÁMBITO EDUCATIVO.
Sendo a hora sinalada anteriormente, polo Sr. Presidente declarouse aberta a sesión, decidíndose, unha vez analizada a zona, completar a eliminación de barreiras nas rúas que falta (segundo croquis), eliminar un obstáculo no paseo marítimo de Portelo, na saída ó Porto.
Asímesmo reparar e adaptar á normativa accesos para minusválidos xa feitos, pero que quedaron desactualizados (segundo croquis).
Tamén os postes de luz que se poidan eliminar si é posible o cableado polos aleros dos edificios.
Finalmente fálase das terrazas exteriores coas que algúns establecementos ocupan un espacio público da beirarrúa que uns permiten o paso mínimo que marca a normativa.
Na seguinte reunión analizarase outra zona urbana de Burela para ir paulatinamente conseguindo a adaptación á normativa e sobre todo que o noso Concello sexa exemplar neste eído do desenvolvemento social.
Así mesmo queda convocada a seguinte reunión será o martes día 28 de setembro do ano en curso ás 20,00 horas, na Sala de Comisións do Concello.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as vinteunha horas