Nesta sesión celebrada no día vintesete de xullo de dous mil catro tratáronse os seguintes temas:
1º.- Informe do Coordinador sobre as campañas de consumo responsable da auga, de recollida de vidro, de minimización de producción de residuos de envases e de coche tuneados.
Fíxose constar que as dúas primeiras se están a facer, con moficados sobre os folletos anteriormente editados. Sobre os coches tuneados con música a gran volume, o coordinador fai constar que por parte da Policía Municipal se está a facer unha labor informativa e que mesmo, hasta o día da data, se emitiron dúas denuncias.
Sobre a campaña de minimazación de residuos de envases, farase a finais de agosto ou principios de setembro, coincidindo co principio de curso. Coa colaboración de Celtaprix, uns seis ou oito rapaces ou rapazas, vestidos con fundas de traballo amarelas, verdes e azuis, e debidamente serigrafiadas, informarán polas rúas, polos fogares e nos colexios sobre o que se debe introducir en cada contenedor e repartir folletos explicativos.
2º.- Verquidos industriais á rede de alcantarillado.
Por parte do representante de Espina y Delfín, faise entrega dun borrador de regulamento municipal de verquidos non domésticos de augas residuais á rede de alcantarillado. Logo dun breve comentario por parte do indicado representante, os membros asistentes acordan profundizar sobre ela de cara á próxima sesión.
3º.- Uso de herbicidas por parte de FEVE.
Acórdase solicitar de FEVE tódalas características dos productos que están a usar como herbicidas, en función da catalogación vixente na materia así como que retiren os restos vexetais que se poidan producir pola fumigación e/ou labor dos traballadores que proceden á limpeza da vía férrea e proximidades.
4º.- Toma de decisións sobre os seguintes temas:
- Autorización municipal ás empresas foráneas para facer publicidade con megafonía;
Acordouse facer unha relación de empresas de Burela e foráneas que usan megafonìa móvil como publicidade para aplicarlle-la ordenanza municipal ou no se defecto proceder á correspondente modificación.
- Delimitación de zonas para pegada de carteis; a este respecto, farase unha delimitaciòn axeitada e comunicarase ás empresas para que adopten as medidas oportunas, advertindo das posibles sancións.
- Distribución de octaviñas pola rúa. Acordouse facer unha relación de empresas de Burela e foráneas que usan megafonìa móvil como publicidade para aplicarlle-la ordenanza municipal ou no seu defecto proceder á correspondente modificación.
Sobre estes temas, o Coordinador elevará informe á Alcaldía para a súa toma en consideración.
5º.- Preparación da seguinte reunión.
Por parte de algúns asistentes, proponse estudiar a plantación de eucaliptos e outras especies árbores, facendo unha especie de censo urbano de plantacións.
Tamén se propón que se elabore unha relación de galiñeiros, alpendres para animais, e similares, para ver de buscar unha solución a esta problemática.
Por parte do Coordinador solicítase que se propoñen temas de cara ó Plan de Acción, aínda que él, de cara á reunión de Setembro, propoñerá algúns.