EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DO DOCUMENTO DE APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL – PXOM
O documento de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en Pleno Extraordinario de 01/03/2012, estará exposto ao público dende o día 9 de marzo ata o 8 de maio de 2012, no Edificio de Capitanía (antiga ADL). O horario de atención ao público é de 9 a 14 horas, de luns a venres.
As alegacións deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello.